займ срочно

Ames organiza un curso de lingua de signos

0

Ames, 22 de novembro do 2018 –  O Concello de Ames, mediante a Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, organiza un curso de lingua de signos española para principiantes, que se impartirá entre os meses de novembro e abril.

As inscricións para participar nesta actividade, que é gratuíta, poden realizarse acudindo á Oficina de Servizos Sociais do Milladoiro, ou a través dos teléfonos 981 535 941 ou 981 890 964. O curso está destinado a persoas que se inicien na lingua de signos española, co obxectivo de que os participantes coñezan e aprendan na súa fase inicial unha linguaxe coa que romper as barreiras coas persoas xordas, mellorando a interacción social e comunicativa coas oíntes.

O curso, de 60 horas repartidas en 34 sesións, impartirase no local de ARCEA – ADAMES do Milladoiro entre o 29 de novembro e o 25 de abril do vindeiro ano, todos os martes e xoves en horario de 17.00 a 18.45h. Para participar nesta formación gratuíta será necesario inscribirse chamando as oficinas de Servizos Sociais, ou ben a do Milladoiro mediante o 981 535 941, ou á oficina de Bertamiráns no 981 890 964.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies