займ срочно

Pleno extraordinario en Ames para ordenar as partidas orzamentarias

0

Ames, 24 de novembro do 2018 – O concello de Ames tivo este pasado xoves un pleno extraordinario para ordenar as distintas partidas orzamentarias aprobando un suplemento de crédito para aquelas que precisan liquidez desde as que non foron usadas por baixas anuladas.

O suplemento de crédito financiado con baixas por anulación ascende a 141.610 euros. O destino dos cartos contempla distintos usos; en algúns casos son gastos xa realizados que non estaban consignados a partidas orzamentarias concretas; en outros trátase de gastos pendentes que necesitaban unha consignación como as obras de rehabilitación de Ponte Cabirta ou facer unha achega municipal ao convenio coa Deputación Provincial para as obras de substitución céspede sintético no campo de fútbol de Bertamiráns. Así mesmo existen certas actuacións que é necesario acometer antes de finalizar o exercicio como o caso do arranxo da cuberta na Escola municipal de O Bosque e actuacións en parques ou vías públicas en mal estado. Este punto saíu adiante co voto a favor dos membros do goberno, mentres que os concelleiros e concelleiras do Partido Popular, Ames Novo e Pacto por Ames, abstivéronse.

En segundo lugar, aprobouse por unanimidade a revisión ordinaria de Urbaser correspondente ao exercicio 2018. O pasado 19 de outubro de 2018 a empresa concesionaria do servizo de limpeza solicitou a revisión de prezos para o exercicio 2018 do canon principal. O coeficiente de actualización proposto para este período de revisión é de 1,1599% polo que o prezo do contrato do canon principal pasaría a ser no 2018 de 651.204,97 euros, IVE incluído. Ademais, durante o 2018, xéranse atrasos debido á actualización do canon, tanto o principal como a ampliación. O importe dos atrasos ascende a 538,63 euros máis IVE mensuais. O importe dos atrasos facturarase pola empresa concesionaria, de forma independente á facturación mensual. Aprobouse a terceira prórroga, polo prazo dun ano, do contrato asinado con Urbaser S.A. para a xestión da limpeza viaria e do Punto Limpo do Concello de Ames. Neste caso, este punto saíu adiante co voto a favor dos membros do goberno e Ames Novo, mentres que os concelleiros e concelleiras do Partido Popular e Pacto por Ames, abstivéronse.

Proxecto de cubrición do parque infantil da praza de Chavián

No pleno ordinario de decembro de 2017 aprobouse a participación no POS 2018, incluíndo entre as actuacións a realizar as contidas no proxecto técnico de “Instalación e cubrición de area de xogos, ordenación e implantación de elementos no parque infantil da praza de Chavián, en Bertamiráns”. Ao realizarse a supervisión técnica do proxecto detectouse a necesidade de realizar correccións de tipo técnico de pequena importancia e que non alteran substancialmente o proxecto nin modifican o seu orzamento. A continuación, mediante decreto da alcaldía, por razóns de urxencia, prestouse aprobación ao proxecto modificado, quedando pendente a ratificación por parte do Pleno, algo que se aprobou por unanimidade este xoves.

Por último, aprobouse, tamén por unanimidade, a proposta de cambio de rendición de información trimestral sobre o estado de execución do Orzamento e dos movementos de tesourería, por operacións orzamentarias independentes e auxiliares do orzamento e da súa situación, para os meses febreiro, maio, agosto e novembro. Así, remitirase pola Intervención ao Pleno no mes seguinte da súa remisión ao Ministerio de Facenda, a través da Oficina Virtual de coordinación financeira coas entidades locais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies