Ames aproba melloras enerxéticas no alumeado do rural

0

Ames, 2 de setembro do 2019 – O pleno de Ames aprobou melloras de eficiencia enerxética no alumeado do rural cun investimento que chega aos 294.000 euros.

A partida para mellorar o alumeado tivo que ser habilitada aprobando unha moción presentada por vía de urxencia. O concello presentarase ao programa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020. O orzamento total chega ao millón catrocentos setenta mil euros, dos cales se vai solicitar unha axuda por valor de  1.176.231,15 euros. A diferenza, a partida habilitada, ten que estar dispoñible para o caso de que a axuda sexa concedida.

Ames pleno melloras alumeado ruralO concello de Ames dispón de 7.133 puntos de luz e de 173 centros de mando no seu sistema de iluminación pública. Dentro do proxecto actual proponse substituír 4.540 puntos, o que representa o 64% do total de luminarias. Estes puntos para substituír englóbanse en 120 centros de mando, que tamén serán reformados, representando o 69% do total de centros presentes no termo municipal. Todas as luminarias incluídas nos cadros sinalados atópanse maioritariamente en vías rurais, con vías sen ancho regular e principalmente zonas de acceso a casas ou leiras en núcleos rurais. Deste xeito, reducirase a contaminación lumínica e conseguirase unha redución do consumo de enerxía eléctrica do 53% mantendo o mesmo número de puntos de luz.

POS Adicional 1/2019

Por outra banda, a Corporación municipal aprobou por unanimidade a segunda fase do POS Adicional 1/2019. Ao Concello de Ames correspóndelle a contía de 834.460,91 euros para o POS Adicional 1/2019. Na primeira fase puidéronse incluír as actuacións previstas no Plan complementario POS 2019, aprobadas polo Concello no Pleno do 18 de decembro de 2018. Dita inclusión tivo lugar por acordo de Xunta de Goberno Local do 16 de maio de 2019.

Deste xeito, foron incluídas na primeira fase do POS Adicional sete investimentos por importe de 777.415,69 euros. Os proxectos incluídos son a construción dun novos vestiarios no campo de fútbol do Milladoiro; unha senda peonil de Sisalde a Agro do Muíño; outra senda peonil de Outeiro a Costoia; e maila pavimentación de varios camiños: no núcleo de Raíces; no camiño de Tarrío a Raíces; dos accesos en Ventosa; dos acceso ao lugar de Sura.

Debido a que a contía asignada ao Concello de Ames é de 834.460,91 euros resta un importe de 57.045,22 euros. Esta é a contía dispoñible para a segunda fase do POS Adicional 1/2019, que se destinará ao proxecto de mellora dos accesos do lugar de Portanxil (Trasmonte).

Suplemento de crédito 1/2019

Ademais aprobouse, cos votos a favor dos membros do grupo de goberno e a abstención dos concelleiros/as do grupo municipal popular e do concelleiro de Ciudadanos, José Ramón Oulego, o suplemento de crédito 1/2019 para facer fronte a gastos do capítulo VI, de investimentos, por valor de 246.051,09 euros.

Ditos gastos corresponden fundamentalmente a gastos de investimentos, en áreas que afectan a servizos básicos: seguridade e orde público, alumeado público, estradas e camiños, investimentos en infraestruturas deportivas e educativas. Esta modificación reponde á necesidade de dar cumprimento ao principio de anualidade, propiciando que o gasto efectuado ao longo do ano poda ser imputado contra créditos orzamentarios do propio exercicio.

Festivos locais de 2020

Por último, aprobáronse por unanimidade os días festivos locais para o exercicio 2020, que serán o martes de Entroido (25 de febreiro) e o día da Ascensión (21 de maio).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial