Pleno denso en Ames cos contratos menores en cuestión

0

Ames, 1 de xuño do 2020 – O pleno ordinario de Ames estivo cargado de temas dos que destacou o debate sobre o aumento de límites nos contratos menores.

Os contratos menores aumentan as cantidades a partir das que é necesario achegar 3 orzamentos, no caso de suministros, e unha memoria valorada asinada por un técnico no caso das obras. O equipo de goberno o xustificaba na necesidade de axilizar os trámites na situación actual.

O Partido Popular emitía tras a sesión unha nota de prensa na que lembraba que “no mes de marzo asinouse un Decreto de Alcaldía polo que, a contratación de servizos e subministracións durante o estado de emerxencia, se aplica a tramitación de emerxencia prevista na Ley de Contratos del sector Publico, autorizándose incluso a contratación verbal, para satisfacer todas aquelas necesidades que veñan referidas a situacións vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma”. Os populares explicaban ademais que os contratos menores en Ames supuxeron no 2019 un 80% e no que va do 2020 chegan xa ao 87%.

Prorroga do contrato da auga

O pleno aprobou tamén unha nova prórroga, a segunda, do Contrato do Ciclo Integral da Auga. Aínda con bastante debate foi aprobada por unanimidade pero a oposición pediu que se revisaran os investimentos pendentes de executar por Espina y Delfín. O equipo de goberno explicou que na actualidade estase executando un pozo de grosos na depuradora de Sisalde por valor de preto de 400.000 euros e ademais vaise a substituír a canalización do abastecemento na avenida da Maía.

Esta debería ser a última prórroga xa que o concello pretende municipalizar o servizo.

Pleno denso en Ames cos contratos menores en cuestiónAdhesión á APLU

Outro dos asuntos aprobados por unanimidade foi a adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Galicia. A APLU é un ente público que dispón de funcións de inspección, restauración da legalidade e sanción en materia de urbanismo.

O Concello ten que tramitar ao longo do ano un gran número de expedientes de urbanismo e conta con pouco persoal, polo que o traballo que desenvolva a APLU será de gran axuda para o departamento municipal de Urbanismo. O Concello terá que aboar unha cota fixa anual de 11.000 euros por adherirse a dito organismo.

Pagos da renda social

Tamén se aprobou unha modificación que permite que no canto dos cheques nominativos o pago da renda social de garantía mínima e das axudas para a recuperación en situacións de emerxencia social sexan por ingreso en conta.

Este cambio aprobouse cos votos a favor dos membros do grupo de goberno e do concelleiro de Ames Novo, Quique Costas mentres que os 6 concelleiros/as do Partido Popular votaron en contra e o concelleiro de Ciudadanos, José Ramón Oulego, abstívose.

Incorporación á asociación Red Innpulso

Ademais, aprobouse por unanimidade a adhesión do Concello de Ames á asociación Red Innpulso de Cidades da Ciencia e a Innovación, amosando conformidade os seus estatutos e aboando a cota correspondente a esta primeira anualidade.

Outros asuntos

Ademais, aprobouse por unanimidade a ratificación do decreto de Alcaldía sobre a aprobación do proxecto corrixido de reforma dos vestiarios do campo de fútbol de Bertamiráns, que dispón dun orzamento de 89.652 euros. No pleno ordinario do pasado mes de abril aprobouse a corrección dos proxectos do POS 2020, aprobados no pleno do 18 de decembro de 2019. En dito pleno quedou pendente de aprobar a corrección de dito proxecto, polo que se fixo a través de decreto de Alcaldía, e foi ratificado polo Pleno. Simplemente se trata de correccións técnicas requiridas pola Deputación da Coruña.

Outro dos asuntos aprobados por unanimidade foi o recurso de reposición presentado por Serviocio contra o acordo plenario do 16 de abril de 2020. En dita sesión plenaria aprobouse por unanimidade a desestimación da solicitude feita pola empresa concesionaria do complexo da piscina cuberta municipal de Ames, para a compensación económica debido a paralización da súa actividade empresarial.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial