Os políticos de Ames acordan que non están de acordo

0

Ames, 3 de xullo do 2019 – O pleno de organización de Ames demostrou que, como o gato de Schrödinger, os políticos poden oporse a algo mentres din que están de acordo no fondo.

Están de acordo en que os políticos teñen que cobrar e que a oposición ten que ter medios pero sobre como conseguir iso cada un ten a súa propia idea. A nota de prensa do PP sobre o incremento das retribucións non sentou ben no novo goberno municipal e o alcalde, José Miñones, e o voceiro popular, Ramón García, chegaron cargados de datos e exemplos nas carteiras.

O resumo dunha disputa, na que o alcalde chegou a chamar ao orde a o voceiro en dúas ocasión, é que o incremento xustifícase no maior número de concelleiros que traballaran ao que o voceiro popular contestou cun “a decisión de ter trece concelleiros foi súa porque non os necesitaba”. De espectadores Ames Novo, que lembrou que fixera unha proposta de negociación antes de coñecer o resultado das eleccións para evitar estes debates, e o novo edil de Ciudadanos que optou por absterse e non entrar no debate.

Persoal para a oposición

O grupo político do Partido Popular contará cun administrativo a xornada completa e Ciudadanos e Ames Novo cun a media xornada cada un. Ames Novo e Ciudadanos forman o grupo mixto, ao non ter concelleiros suficientes para formar grupo propio, e iso ten como consecuencia que disporán dun local ao igual que o PP. Ambos os dous solicitaron que, xa que hai tres locais para a oposición, podan usar un cada un e non compartir o despacho; será algo que se acordará na xunta de portavoces pero para o que hai boa disposición do goberno municipal e dos populares.

Persoal do goberno

O goberno municipal disporá de catro persoas de confianza, dúas adscritas a alcaldía e dous administrativos. En canto as dedicacións son as coñecidas: exclusiva do alcalde, 53.000 €,  e 5 exclusivas, tres de 39.000 € e dúas de 34.000 €, e 5 dedicacións parciais máis de 29.000 €.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial