займ срочно

Cativos de Ames converten poemas en roupa tendida ao sol

0

Ames, 24 de maio do 2017 –  O alumnado e profesorado dos centros de ensino de educación infantil e primaria de Ames realizaron unha selección de poemas que converteron en roupa que tenderon ao sol para compartila coa veciñanza.

 

[columns]
[column size=”1/3″]Os poemas xiran en torno ao natureza e en moitos casos foron creados polos propios rapaces. Unha vez elixidos recortáronse en siluetas de lona con forma dunha peza de roupa e todas esas pezas, convertidas en obras de arte, colgáronse nos tendais dispostos polo Concello no paseo fluvial de Bertamiráns, na Travesía do Porto do Milladoiro e no Monte Escolar de Carballo, en Trasmonte.
[/column]
[column size=”2/3″]

[ngg_images source=”galleries” container_ids=”13″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”400″ gallery_height=”300″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”4″ show_thumbnail_link=”1″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″][/column]
[/columns]

A exposición artístico poética ao aire libre permanecerá nos tendais ata o día 20 de xuño sendo unha máis das actividades vinculadas a celebración do Día das Letras Galegas en Ames.

Na actividade participaron o do CEIP Agro do Muíño, CEIP A Maía, e das escolas unitarias de Ortoño e Covas que tenderon os seus traballos no paseo fluvial de Bertamiráns. Os rapaces e rapazas do CEIP de Barouta colocáronnos nos tendais do monte escolar de Carballo, ao lado do Camiño de Fisterra, e por último, os nenos e nenas da EEI do Milladoiro tenderon os seus poemas no Camiño de Santiago ao seu paso pola Travesía do Porto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies