Ames preserva a Ponte Cabirta á espera da súa restauración

0

Ames, 22 de setembro do 2020 – O Concello de Ames realiza unha actuación puntual de reforzo e protección do arco da Ponte Cabirta, para evitar danos na súa estrutura e limitar os impactos durante as crecidas do caudal do río Sar.

Trátase dunha actuación provisional mentres se licita o proxecto de consolidación do arco e a calzada da Ponte Cabirta, na parroquia de Bugallido, coa finalidade de protexela de posibles impactos de árbores durante o inverno.

Ames preserva a Ponte Cabirta á espera da súa restauraciónOs traballos consistiron na colocación de dous bolardos preventivos para minimizar o risco de impacto directo no arco dos elementos arrastrados polo río Sar. Ademais reforzouse a base do arco para soportar as dovelas. Ata o lugar achegáronse David Santomil, Tenente de Alcalde e concelleiro de Patrimonio Histórico, e Manuel Durán, enxeñeiro redactor do proxecto de rehabilitación da Ponte Cabirta no que colabora a Deputación da Coruña. O proxecto licitarase nos vindeiros meses e está previsto que a totalidade das actuacións poidan realizarse no verán de 2021, cando o caudal do río Sar o permita. Os traballos contan cun orzamento total de 36.000 euros, dos que 27.000 euros serán investidos pola Deputación e 9.000 euros polo Concello.

Rehabilitación do paso peonil

Ames preserva a Ponte Cabirta á espera da súa restauraciónA obra permitirá protexer e consolidar a calzada e o arco. Contémplase a rehabilitación do paso peonil, a consolidación da obra de fábrica sen alterar a xeometría actual e a reparación do lousado das ribeiras. Nas zonas que conten con lousado danado, procederase á recuperación das pedras para a súa nova montaxe. Para dificultar o crecemento de plantas neste punto empregarase zahorra estabilizada con cal hidráulica.

Ames preserva a Ponte Cabirta á espera da súa restauraciónA actuación na Ponte Cabirta contará tamén con tarefas de desbroce en ambas marxes, nunha franxa de 6 metros a cada lado do camiño. Á súa vez, proxectarase a instalación de dous canos para facilitar a conservación do camiño, que agora formará parte dunha ruta de sendeirismo. Un contará con 30 centímetros de diámetro para a drenaxe transversal de augas de escorrentía, e outro con 60 centímetros para cruzar a canle existente. Tamén se construirán dous badéns de pedra coa mesma finalidade.

Ames preserva a Ponte Cabirta á espera da súa restauración

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial