Última hora: O caso positivo de Ventín, non comunicado as familias, non chegou a estar en contacto cos compañeiros

0

Actualización: 17:30 horas

Desde a Área Sanitaria Santiago Barbanza veñen de explicar como sucederon os feitos no caso positivo dun alumno de Primaria de Ventín

Ao parecer o erro produciuse nas chamadas alertando do fin da corentena. O que explican desde Sanidade é que “O caso que comentan é dun alumno que estaba desde o día 24 de septembro en cuarentena na súa casa, por ser contacto estreito dun caso non relacionado co Colexio. Ese Neno, que en súa enquisa do día 29 de septembro permanecía asintomático,  confirmiuse como caso covid positivo o día 02 de outubro, polo que, segundo se recolle no protocolo do Ministerio de Sanidad, a súa última asistencia a clase non supuxo risco de transmisión”.

Sanidade xa aclarou co colexio o sucedido “As chamadas recibidas para levantar a corentena de 10 días desde o último contacto con ese alumno, corentena que non se tiña establecido por innecesaria, foi froito do envío dun expediente que se emitiu por error. O circuito xa foi aclarado co colexio”.


Ames, 6 de outubro do 2020 11:30 horas  – A Anpa As Brañas, do CEP de Ventín en Ames, ven de remitir unha queixa á Consellería de Educación, a Sanidade e ao colexio por non ter comunicado un positivo nunha das aulas de primarias.

O pasado venres día 2 a ANPA, e os pais, teñen coñecemento pola prensa dun positivo no colexio.  Ao longo da fin de semana os pais póñense en contacto coa directiva da asociación pedindo máis información pero a sorpresa chega o domingo día 4. As familias da aula afectada comezan a recibir chamadas de rastrexadores comunicándolles que o luns remataba a corentena de 10 días.

A partir das chamadas descóbrese que o positivo fora confirmado o día 24 de setembro pero ninguén alertou as familias da obrigatoriedade de facer corentena, nin as convocou para probas PCR. En algún dos casos as familias recibiron unha primeira chamada para explicar que comezaba a corentena e, ao pouco, unha segunda rectificando e dicindo que remataba.

A día de hoxe a preocupación dos pais crece xa que non se corrixiu o erro. A posibilidade de que nenos asintomáticos estiveran en contacto con outros de Ventín ou de distintos lugares, no autobús escolar ou en outros espazos, é real. Ninguén entende que non se fixeran probas na aula para saber o alcance do erro.

A publicación en Facebook da ANPA segue recollendo comentarios da comunidade escolar

Estimadas familias,

Onte varias familias afectadas trasladáronnos unha situación moi preocupante con respecto a un erro…

Publicada por Anpa Ventin en Lunes, 5 de octubre de 2020

 

A ANPA pide que se poña solución de inmediato e se tomen as medidas necesarias e lembran que a este colexio acoden cada día 600 alumnos. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial