займ срочно

O gabinete de alcaldía de Ames contrata un novo administrativo como persoal eventual

0

Ames, 20 de febreiro do 2020 – O Partido Popular de Ames critica duramente a contratación dun novo administrativo para o gabinete de alcaldía como persoal eventual.

O novo administrativo é o cuarto destinado ao gabinete. Según os populares isto converte ao goberno municipal no máis caro da historia do concello cun custo de 800.000 euros ano.

Nunha nota de prensa o PP amiense explica que “cun incremento do 159% nas retribucións das dedicacións exclusivas e nun 107% nos 4 cargos de confianza dos Socialistas, o señor Miñones accedeu ademais a proporcionar dedicacións exclusivas, tanto completas como parciais, a todos os membros do Goberno, excepto a un”.

Os populares fan fincapé tamén nos soldos dos socios de goberno, BNG e Podemos, que “perciben un salario bruto anual de case 40.000 euros, sendo canto menos curioso o caso da Gemma Otero, que leva incumprindo case 5 anos o establecido no código ético do seu propio partido ao superar en 15.000 euros o permitido pola formación”.

Criticas aos locais da oposición

Os Populares denuncian ademais a  “grave situación que se mantén dende o principio do mandato en canto ao local habilitado para facer labor de oposición, a todas luces insuficiente, escaso, inapropiado e que os socialistas néganse a resolvelo”. O PP pon como exemplo que o grupo mixto, formado por dous edís, conta con dous despachos mentres que eles, con 6 concelleiros, carecen do espazo necesario.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies