Reclaman o arranxo do campo de fútbol do Milladoiro

0

Ames, 21 de xaneiro do 2020 – O Partido Popular de Ames denuncia que o campo de fútbol do Milladoiro leva máis dun mes con desperfectos producidos polo mal tempo sen que o goberno municipal tomara medidas.

O campo de fútbol do Milladoiro sufriu as consecuencias da borrasca “Elsa” no mes de decembro.  Os ventos provocaron a caída de parte do peche do campo. Esta situación provocou que os partidos fosen trasladados a Bertamiráns, saturando o uso do campo polo que os populares piden o arranxo inmediato da instalación.

Un risco que continúa

Campo fútbol do MilladoiroO PP amiense denuncia que non se coñece intención a curto prazo de arranxar o problema. A situación provocou ademais que se reduciran os adestramentos a metade e que os cativos só poidan usar  a parte non afectada do campo.

O Partido Popular considera ademais que o uso da instalación en estas condicións conleva un risco xa que o peche pode seguir caendo con outra borrasca.

Para o pleno que se celebrará o 30 de xaneiro os populares presentan unha pregunta sobre as razóns de esta situación e un rogo para que non se demora máis o arranxo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial