Piden que se rematen as obra do comedor do CEIP da Maía en Ames

0

Ames, 22 de xullo do 2020 – O Partido Popular de Ames ven de reclamar ao goberno municipal que remate coas obras do comedor do CEIP da Maía e do parque infantil da Praza de Chavián.

No caso das obras do novo comedor, os populares de Ames lembran que tiña que estar xa rematado. Os traballos comezaron no pasado verán coa intención de que entrara en funcionamento no curso que ven de rematar.

En febreiro o goberno amiense anunciaba que as obras estaban executándose pero na actualidade, según o PP, só se demoleron os módulos do comedor vello polo que faltan os traballos da estrutura, fachada, particións, carpintería e resto de instalacións como calefacción entre outros.

Piden que se rematen as obra do comedor do CEIP da Maía en AmesParque infantil de Chavian

Os populares tamén critican o retraso do novo parque infantil da Praza de  Chavián, en Bertamiráns. En este caso fan fincapé en que o retraso débese ” ás innumerables chapuzas das que é responsable o Goberno Local ao presentar un  proxecto inicial cuxa execución tivo que suspenderse  para proceder  unha importante modificación do proxecto”. A obra leva según o PP dez meses de retraso, xa que tería que estar rematada en outubro pasado, e que fai máis dun ano que foi adxudicada.

Piden que se rematen as obra do comedor do CEIP da Maía en Ames

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial