займ срочно

Denuncian que Ames quere subir o IBI para non incumprir a regra de gasto

0

Ames, 31 de outubro do 2019 – O Partido Popular de Ames denuncia que no pleno ordinario subirase o IBI do 0,44 ao 0,50 para recadar máis e non incumprir así a regra de gasto.

Según explican os populares “o Goberno Socialista pretende recadar  coa subida do IBI aproximadamente uns 800.000 euros anuais, unha cantidade similar ao custo en salarios do Alcalde, Concelleiros e persoal de confianza. No 2018 incumpriron o límite de gasto en 769.405,06€, tal e como advirten desde intervención. A resposta do Goberno socialista, como sempre, é subir os impostos”

No 2012 aprobábase un Plan de axuste, obrigatorio pola situación do concello según o PP. Este Plan foi suprimido no ano 2015 polo goberno que entrara nas eleccións de xuño. O Partido Popular indica que no 2016, o primeiro ano tras esa suspensión do Plan de axuste, a recadación por IBI incrementouse un 16% e isto supuxo 900.000 euros máis de ingresos. Según indican este aumento da recadación, por riba do presupostado, mantívose nos últimos anos aumentando no 2018 un 13,83 %.

Con unha recadación sempre por riba do previsto “o Grupo Municipal Popular, propuxo en reiteradas ocasións a necesidade de baixar o tipo. Os Socialistas decidiron incrementalo e volvelo a subir para os inmobles de natureza urbana ao 0,50%; o mesmo tipo que se fixou, con carácter obrigatorio e excepcional, durante a anterior crise. O obxectivo é incrementar o nivel de gasto, tal e como se recolle nos correspondentes informes de tesourería e intervención. Deste modo os Socialistas pretenden cumprir co obxectivo da Regra de Gasto no ano 2020, un obxectivo incumprido no exercicio 2018.

Os Populares cren que “se unha suba de impostos é innecesaria, inxustificada e antisocial, a suba do IBI, tamén coñecida como contribución, fai un dano especial as familias porque teñen que soportar unha carga impositiva aínda máis alta porque non fai diferenzas nos niveles de renda, e dicir, a suba do IBI prexudica claramente as rendas máis baixas, aos que menos ingresos teñen, e as persoas máis vulnerables”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies