займ срочно

Piden a anulación do proceso de compra dun inmoble para un espazo de coworking en Ames

0

Ames, 9 de outubro do 2019 – O PP de Ames vai un paso máis alá nas dúbidas xa mostradas sobre o espazo de coworking e pide a celebración dun pleno extraordinario para aclarar o proceso de compra do inmoble.

Os populares amienses non queren só explicacións se non que reclaman a anulación de todo o o proceso de adquisición. do inmoble do Milladoiro. A demanda ven motivada, según explican, polo “cambio de criterio que o goberno socialista levou a cabo sen información algunha á oposición, posto que, a intención do Alcalde Miñones, nun inicio foi mercar este inmoble mediante adquisición directa, tal e como foi aprobado na Xunta de Goberno Local celebrada en novembro de 2018” e a subvención da Deputación obrigou a cambiar o procedemento.

O PP lembra que o alcalde, José Miñones, firmou un pre acordo cos propietarios no que se especificaba o prezo e a forma de pago. Explican as dúbidas sobre o sistema de pago pola vantaxe que supón para os propietarios xa que no documento cítase textualmente que: “…O sistema de pago que se levará a cabo será mediante un pago a prazos plurianual no que ese contemplará o pago directo da subvención da Deputación de A Coruña que aportará o Concello para a adquisición do local. O modelo tipo do contrato compra-venda que se asinará, xa foi adiantado á entidade…”, unha clara vantaxe fronte aos posibles competidores nun proceso de licitación público.

Os pregos do concurso

O Partido Popular de Ames mostra a súa preocupación polos pregos de licitación. En eles, explican, ” apenas se dá importancia ao factor prezo (20 puntos sobre 100), pero nos que si se premia considerablemente factores que non deberan ser tan decisorios como a distancia do local á parada de transporte público metropolitano máis cercana con 10 puntos”. Consideran a este respecto “demasiada casualidade que haxa unha parada moi preto do local pre-acordado; criterios como a superficie útil para este espazo coworking, que coincide, sendo case a mesma, que a do local en cuestión ou, entre outras, a particularidade de que o local teña cando menos 10 metros de fachada de cara ao espazo público, rúa ou praza lindante. Outra cuestión que coincide á perfección co local mencionado”.

Outra das cláusulas que se cuestionan son os prazos de entrega do local “chama moito a atención que nos pregos outórganse un máximo de 15 puntos á redución no prazo de entrega do local a contar dende a formalización (30 días naturais) ata un máximo de 15 días naturais, cuestión esta que demostra a gran vantaxe que o propietario do local ten fronte aos seus posibles competidores porque o local está totalmente rematado”.

O facebook do alcalde

O PP explica para rematar que o alcalde é consciente das condicións do local xa que realizou unha vista para supervisar as obras, visita que anunciou “na súa conta de Facebook o 23 de novembro do 2018 ás 13.30 horas, e onde dicía textualmente que Esta semana estivemos vendo os avances nas obras do local que albergará o espazo colaborativo A Proa para emprendedores. Cada día mais cerca. Proba irrefutable das vantaxes coa que contan os propietarios deste local fronte ao seus posibles competidores”.

 

Por todos estes motivos solicitaron a convocatoria dun Pleno Extraordinario no que se poida levar a cabo a anulación inmediata do procedemento e a convocatoria dos representantes dos Grupos Municipais para afrontar a adquisición do local nas mellores condicións e garantías xurídicas, administrativas e escrupulosamente respectuosa coa libre concorrencia e transparencia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies