Ames, 5 de abril do 2021 – O Partido Popular de Ames denuncia de novo os retrasos no remate do comedor do CEIP A Maía e rexistra outra petición de información.
O PP lembra nun comunicado que co comedor do CEIP A Maía tiña que entrar en funcionamento ao comezo do presente curso. Acusan ao goberno local de falta de control e dunha desidia que provocou estes retrasos.
A empresa pediu xa varias prorrogas e chegou a ser sancionada en xaneiro de este ano polos retrasos. Ao mesmo tempo concedíase unha prórroga excepcional que rematou o pasado 26 de marzo, O PP denuncia que unha simple visita ao exterior da obra demostra un “estado de abandono e que aínda queda bastante traballo pendente; sobre todo o referente ás diferentes instalacións interiores”.
Os populares amienses veñen de reclamar información ao goberno local sobre “o estado de execución das obras, así como o importe das certificacións de obras abonadas ao contratista”. O PP pregunta tamén que medidas se tomarán unha vez rematada a última prórroga sen que a obra estea rematada.