Preocupación pola falta de datos no gromo do Milladoiro (24/09/2020)

0

Bisbarra, 24 de setembro do 2020 – As restricións aplicadas ao Milladoiro pola Consellería de Sanidade, que entraron en vigor desde esta pasada madrugada, están sendo motivo de preocupación ao non ir acompañadas de datos concretos.

Pese as peticións do concello de datos sobre a incidencia do Covid, enviadas á Consellería durante os últimos meses, o DOGA publicado no día de onte só indica que ” o concello de Ames é, xunto co de Santiago de Compostela, o que presenta o maior número de casos, que vai en aumento nos últimos días, destacando en especial a situación do Milladoiro, no concello de Ames, debido fundamentalmente a un evento de gran potencial de expansión da infección, así como porque, atendidos os grupos de idade máis afectados, existe un número importante de infectados asintomáticos ou con síntomas moi leves, o que facilita a transmisión da infección”.

A publicación no facebook do concello das restricións no Milladoiro xerou aínda máis incerteza e os comentarios sucedéronse e nas replicas xa que chegou a compartirse en 96 perfís distintos. A principal demanda dos usuarios era o coñecemento de datos máis concretos e as peticións de vixianza na rúa.

IMPORTANTE / COVID-19‼️‼️
A Consellería de Sanidade aproba restricións para a localidade do Milladoiro dende as 00.00 horas deste xoves 24 de setembro.
+INFO: bit.ly/33Y7H0y

Publicado por Concello Ames en Miércoles, 23 de septiembre de 2020

As cifras por concellos que facilitamos en Lindeiros non saen da Xerencia do Sergas que só comunica datos globais distribuidos por áreas sanitarias. Os datos que facilitamos son recollidos por Lindeiros das informacións públicas dos concellos, de conversas directas con colaboradores ou de fontes de confianza; por esta razón pode haber pequenas variacións ao longo dos días.

Mantéñense o resto de restricións

As restricións son revisadas semanalmente e esta semana o comité decidiu manter as activas. Ademais do Milladoiro seguen con limitacións Lalín, Silleda e Santiago.

Según as publicacións da Consellería de Sanidade a intención é ” poder actuar de xeito más selectivo e con maior rapidez ante a aparición de casos nunha zona concreta [] quérese agora acoutar o máis posible, podendo restrinxirse e regularse determinadas actividades xa non por áreas sanitarias, senón por concellos, cidades ou mesmo barrios”.

Outros espazos

No ámbito educativo existen 35 casos activos en 26 centros distintos das distintas etapas escolares, de infantil ata bacharelato. Arzúa, Padrón, Ames ou Santiago son algúns dos concellos con centros con casos activos.

No caso das residencias o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informaba no Parlamento que os profesionais de estes centros pasarán por cribados cada 14 días o que permitirá detectar novos casos asintomáticos con maior celeridade.

Bisbarra

Polo demais a bisbarra evoluciona favorablemente. Negreira ten 14 casos activos, A Baña baixa a 4 e Ordes informa de 11. na parte do Deza Lalín baixa a 44, Silleda segue en 5 e a peor parte agora a leva A Estrada que sube ata os 14.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial