Ames prepárase para o verán

0

Ames, 20 de maio do 2020 – O concello de Ames prepárase para o verán e comezou os traballos de acondicionamento na área fluvial de Tapia e nas piscinas municipais de Bertamiráns e Milladoiro.

O obxectivo é  que se encontren en óptimas condicións de cara a súa apertura para a tempada de verán. O inicio de actividades dependerá das recomendacións ditaminadas polo goberno central.

Entre as medidas a adoptar para a próxima apertura encóntrase a ventilación de espazos pechados, a limpeza e desinfección do mobiliario e o tratamento da auga dos vasos.

Estase tamén a preparar o peche perimetral da piscina de Tapia, que rompe polas crecidas do río Tambre ao seu paso por este lugar, cortando a herba, así como sacando terra e lavando a presión o muíño e mailos camiños desta área recreativa.

Ames prepárase para o veránUn verán distinto

O Ministerio de Sanidade publicou unha serie de medidas que están orientadas tanto para antes da reapertura das piscinas como para despois da mesma. Teñen como finalidade conseguir que tanto as instalacións como a auga do vaso se encontren libres de microorganismos patóxenos e de substancias que poidan afectar negativamente na saúde do usuario.

En canto as medidas a adoitar antes da reapertura das instalacións encóntranse a prevención de riscos laborais para socorristas e traballadores. Inclúe avaliar o risco de cada posto de traballo, proporcionar información e formación sobre como previr o contaxio, un distanciamento físico de dous metros, reforzar a hixiene persoal do lavado de mans e hixiene respiratoria, limpeza e desinfección de espazos e superficies e, en certas situacións, o uso de equipos de protección. Tendo en conta que a mellor protección dos traballadores se obtén a través dunha combinación de todas as medidas posibles.

Outra das medidas é a ventilación de espazos pechados, tales como vestiarios, caixa de primeiros auxilios e salas técnicas, xa que o amontoamento e a ausencia de ventilación son factores que favorecen a transmisión do virus. Engádeselle a limpeza e desinfección do mobiliario. A primeira, como medio de eliminar sucidade e impurezas, e a segunda, destinada a eliminar ou reducir de maneira significativa a carga microbiana das superficies.

Asemade, realizarase un tratamento da auga dos vasos, cunha depuración física e química da auga e a renovación mediante adición da auga de aporte. Así como a realización de controis operativos ou cotiáns que poñen de manifesto a eficacia das actuacións seguindo o descrito nos Anexos I e II do Real Decreto 742/2013, do 27 de setembro, a través do cal se establecen os criterios técnico-sanitarios das piscinas..

Cómpre lembrar que non existe ningunha evidencia de que o virus que causa Covid-19 poida transmitirse ás persoas a través da auga en piscinas, jacuzzis ou spas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial