займ срочно

Ames acolle este domingo a primeira proba do Trail Galaica

0

Ames, 24 de febreiro do 2018 – Ames repite mañá domingo como organizador da proba de inauguración do Trail Galaica, o circuíto de carreiras de montaña 2018, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e Dimenzone.

O Trail Galaica de Ames desenvolverase cun itinerario que irá desde a Ponte Maceira ata as instalacións do Real Aero Club. No total, participarán nesta carreira de montaña 321 persoas, das cales 114 farán o percorrido longo (Trail) e 207 o curto (Minitrail). A proba dará inicio ás 10:30 horas. Este ano, alcanzouse o récord de persoas participantes en relación ás anteriores edicións, superando o limiar das 300 inscricións.

A organización Trail Galaica naceu da man dun grupo de persoas estreitamente ligadas ao deporte, que buscaban reivindicar a beleza das paisaxes naturais galegas a través dun deporte cada vez máis practicado: as carreiras de montaña. Baixo o lema “será por monte”. O circuíto da proba deste domingo pódese consultar na páxina web da Trail Galaica. Ao longo do percorrido da ruta longa, do Trail, haberá dous puntos de avituallamento máis un terceiro que se situará no punto de meta. No primeiro, que estará situada no quilómetro 8 aproximadamente, ofreceráselle ás persoas participantes auga e froita. No segundo, situado no quilómetro 16, só se entregará auga, mentres que no terceiro farase entrega doutras bebidas e alimentos enerxéticos, como barras de cereais e froitos secos. Con todo, por precaución, cada participante deberá levar o seu propio avituallamento ou mochila de hidratación.

A actividade contará con servizo de autobuses para transportar ás persoas participantes, a partir das 09:00 horas, desde o Real Aero Club ata a liña de saída na Ponte Maceira. Os dorsais poderanse recoller, o propio día da carreira, a partir das 08:30h no primeiro dos espazos. Na zona de meta, que será no Real Aero Club, haberá asemade vestiarios, duchas e servizo de fisioterapia. A entrega de premios, que se celebrará por volta das 13:30 horas, tamén se realizará neste lugar. Haberá premios para as tres primeiras persoas clasificadas en cada proba (Trail e Minitrail) e premios especiais para os clubs, que se outorgarán tendo en conta a suma dos postos acadados polas cinco primeiras persoas clasificadas de cada equipo. Os premios non poderán ser acumulativos. Ao final da xornada, tamén se celebrará un sorte de agasallos por parte da organización.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies