I Ruta Biker Aultruísta “Animalíate”

0

Ames, 24 de setembro do 2019 – O Milladoiro acollera a I Ruta Biker Aultruísta “Animalíate” o próximo 12 de outubro no entorno da Casa do Cultura de este lugar amiense.

 “Animalíate” está organizada pola Asociación Ángeles caídos sobre ruedas e o grupo Bikersolitari@s, en colaboración co Concello de Ames. Ademais da proba instalarase un mercadillo e celebrarase unha cea solidaria, diferentes exposicións, exhibicións e música.

A xornada comezará ás 11:00 horas coa inauguración do mercadillo solidario, que contará con diferentes protectoras de Galicia, unha exposición de motos, a presentación do único taxi para mascotas na nosa comunidade, stands con pilotos e diferentes sorteos. Durante todo o día haberá diferentes exhibicións, ademais das actuacións musicais de Jerry Noia Jukebox, Sabela, e DJ Rober. O evento incluirá tamén unha exhibición de Agilitty, que se desenvolverá entre as 17:00 e as 18:30 horas.

A Ruta Biker rematará coa celebración dunha cea solidaria cos padriños do evento, Jorge Casal e Sabela, que incluirá a actuación de Frank Jiménez e a chegada dos bikersolitari@s. Estes percorrerán durante toda a xornada do sábado unha ruta que os levará por A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo, Pontevedra, Santiago e O Milladoiro, visitando diferentes centros veterinarios e perrucarías caninas que colaboran co evento.

Toda a recadación conseguida na xornada, ben a través da ruta, do mercadillo ou da cea solidaria, irá destinada á Asociación Ángeles caídos sobre ruedas, unha asociación sen ánimo de lucro e protectora de animais que se centra na axuda aos mesmos mediante a elaboración de cadeiras de rodas ortopédicas a medida e adaptadas a cada un deles.

A proba foi presentada na casa do concello coa presenza concelleira de Benestar Social, Luisa Feijoo, o concelleiro de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica, Manuel Lens, e Juan Lojo, do grupo Bikersolitari@s e organizador de eventos solidarios, acompañado dun dos padriños da cea solidaria, Jorge Casal.

Para o concelleiro de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica, Manuel Lens, trátase dun evento que “nos gustou desde o primeiro momento, xa que ía encamiñado a botar unha man a unha asociación que, de xeito altruísta, se dedica a facer cadeiras de rodas para cans con problemas de mobilidade. Intentaremos apoiar este tipo de iniciativas e que vaia moi ben a xornada”. A concelleira de Benestar Social, Luisa Feijoo, destacou “o carácter altruísta do evento, cun fin solidario tanto coas protectoras de Galicia como coa Asociación Ángeles caídos sobre ruedas. Dende o Concello de Ames estamos abertos a participar e colaborar en calquera actividade de carácter solidario ou que nos poda parecer interesante”.

Juan Lojo, do grupo Bikersolitari@s, destacou na presentación que se pretende facer “un evento solidario no que misturamos o mundo dos animais e as motos, dúas paixóns que compartimos o presidente da Asociación  Ángeles caídos sobre ruedas o eu, como organizador de eventos altruístas. Pretendemos axudar á asociación e tamén ás protectoras de animais, para o que faremos esa ruta por unha banda e, de xeito paralelo, ese mercadillo e cea solidaria no Milladoiro. Ademais, a xente que o desexe poderá colaborar doutras formas, que poden coñecer a través das nosas páxinas en redes sociais”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial