Teatro, música e danza na programación de Ames

0

Ames, 23 de xaneiro do 2020 – O concello de Ames ven de presentar a programación cultural dos próximos meses na que se inclúen pezas de teatro, danza e concertos de música ata un total de 13 funcións de nove compañías distintas.

Esta programación de Ames, para o primeiro semestre do ano, foi presentada na Casa da Cultura do Milladoiro. Asistiron Natividade González, concelleira de Cultura, Anxo Lourenzo, Director Xeral de Políticas Culturais, e representantes das diferentes obras de teatro e actuacións que se desenvolverán nos próximos meses

Subvención do AGADIC

A programación está subvencionada por AGADIC. A concelleira de Cultura, Natividade González, explicou que “Ames é un concello que xa ven dende o anterior goberno apostando polas artes escénicas, e así o demostran os datos, xa que máis de 2500 persoas pasaron por estes pequenos auditorios durante o ano pasado para ver diferentes espectáculos”.

Ames presenta a progrmación culturalPola súa parte, o Director Xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, afirmou que “a Rede Galega de Teatros e Auditorios é unha aposta pola que seguiremos investindo, colaborando cos concellos”. Anxo tamén recalcou que “tendo en conta cifras de AGADIC, neste primeiro semestre do ano haberá 28 actuacións e 18 estreas absolutas, das cales algunhas se encontran aquí hoxe, repartidas en 45 espazos técnicos de 40 municipios de Galicia e cun investimento conxunto entre Xunta e concellos de algo máis de un millón e medio de euros”.

Programación

A programación comeza o próximo venres 31 de xaneiro e rematará en abril. A primeira das obras de teatro que comprende a programación é Curva España do Grupo Chévere. Esta peza de teatro contemporáneo desenvolverase o venres 31 de xaneiro, ás 21.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns.

En febreiro, o venres 7, terán cabida dúas citas. A primeira delas, o concerto de música rock por parte do grupo A Gramola Gominola, terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns, mentres que a obra de teatro O Electo, de Contraproducións SL, terá como escenario a Casa da Cultura do Milladoiro. Xa o venres 14, é a quenda de Teatro do Noroeste coa estrea da súa obra As Virxes Salvaxes na Casa da Cultura de Bertamiráns.

No mes de marzo inaugura a programación unha obra destinada a un público infantil: SÓ da compañía Xampatito Pato. Será o venres 6 de marzo na Casa da Cultura do Milladoiro. Ese mesmo día tamén se desenvolverá na Casa da Cultura de Bertamiráns O meu mundo non é deste reino, peza teatral de Teatro da Ramboia que foi a gañadora do Premio Manuel María de Proxectos Teatrais.

Seguidamente, o venres 13 de marzo, a compañía Producións Teatrais Excéntricas SL representará Medida x Medida de Shakespeare na Casa da Cultura do Milladoiro. Mentres que o venres 27 Talía Teatro amenizará o día Mundial do Teatro con dúas obras, unha na Casa da Cultura de Bertamiráns e outra na do Milladoiro. A primeira delas será a encargada de acoller a obra Lambetadas, destinada a un público infantil, mentres que a segunda acollerá Vida de Cans, para un público adulto.

O último mes desta programación de música, teatro e baile do Concello de Ames é abril. Así, o venres 17 dese mes volve Producións Teatrais Excéntricas SL ao concello, desta vez coa súa obra Cadaval conta… Vacas, Guerras, Porcos e Cregos. Unha contada de Quico Cadaval que terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns. Ademais, con motivo da conmemoración o día 29 de abril do día Internacional da Danza, o venres 24 chega á Casa da Cultura do Milladoiro a compañía de danza de Fran Sieira, cunha obra de baile tradicional galego no marco da danza contemporánea. Este espectáculo será o encargado de dar por finalizada esta programación para o primeiro trimestre do ano, que espera encher os auditorios amesáns en toda as funcións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial