Ames converte a programación cultural no AmesON

0

Ames, 15 de xullo do 2020 – Máis de 70 actividades ao longo dos próximos tres meses e o contido do programa AmesON que ven de ser presentado polo concello de Ames.

Música, cine, literatura, teatro, obradoiros, xogos… un programa transversal xa que en el están implicadas distintas concellerías de Ames. Unha das particularidades que se destacan desde a organización é que moitos protagonistas son veciños do concello.

O “AmesON” comeza este xoves, 16 de xullo, con actividades que se desenvolverán nas dúas localidades urbanas do concello. Ás 20:00 horas, a praza da Manuel Murguía do Milladoiro, acollerá o concerto de Xoán Curiel “Danzamos no verán”, un espectáculo dirixido a público infantil e xuvenil. Media hora máis tarde, en Bertamiráns, o Pazo da Peregrina será o lugar onde se presente o fotopoemario “Os exilios que somos” do escritor, profesor e veciño de Ames, Xabier Ron, e a xornalista Irene Tomé.

Ames converte a progrmación cultural no AmesONA programación espallarase polas rúas, as prazas, os parques e mesmo os escaparates de varios comercios de Ames cun investimento próximo aos 100.000 euros. O obxectivo é dinamizar os sectores culturais e comerciais de Ames e como peza de arranque do Plan Reactiva Ames, de reactivación económica e social do concello trala Covid-19.

Moitas das actividades están contempladas dentro do Plan Reactiva Ames, de reactivación económica que o concello deseñou para afrontar os meses posteriores ao confinamento. As actividades de pequeno formato serán as que primen ao longo do vindeiro trimestre, co obxectivo de abarcar todos os espazos posibles e non concentralos en puntos concretos. AmesON ten como obxectivo ser unha axuda directa á dinamización das rúas de Ames e que beneficien aos comercios e hostalaría que ao longo destes meses estivo pechada.

Traballando en novas iniciativas

Desde o Concello trabállase xa na programación do último trimestre do ano e á espera do desenvolvemento da pandemia, de cara a seguir potenciando a actividade comercial e cultural. Eventos como o Outlet, Innovames ou o Autocine, son algúns dos que se están pechando na actualidade. O Plan Reactiva Ames contempla tamén a campaña de comercio “Témolo todo” que busca resaltar a variedade e calidade dos produtos que se venden en Ames a través do pequeno e mediano comercio e no que calquera produto pode ser mercado no noso concello.

Escapárate Chévere

O venres 17 de xullo, entre as 11:00 e as 14:00 horas, a Casa da Cultura do Milladoiro acolle o obradoiro “Crea a túa camiseta”. Tamén no Milladoiro, desde as 19:00 horas até as 21:00, diferentes escaparates da localidade converteranse en escenarios para as intervencións teatrais do grupo Chévere. A actividade leva por título “Escapárate Chévere”,  polo que desde a Concellería de Promoción Económica  convidase a todos aqueles establecementos que así o desexen a participar desta campaña co apertura do seu  comercio hasta as 23.00 horas.

As 21:00 horas, tamén do venres, os Retranqueiros amenizarán cun pasarrúas o traxecto que vai desde o edificio Santiago Sur, até a rúa Viorneira. As actividades rematarán ás 22:00 horas na praza da Madalena con “Música na noite” que correrá a cargo de Zeus RB e Diego Barbazán.                                                                                 

O sábado 18 de xullo, dentro do programa Concilila Ames entre as 12:00 e as 14:00h, os mais novos de Ames, poderán gozar na praza de Manuel Murguía montando en coches a pedais. A actividade repetirase na rúa Ameneiral de Bertamiráns entre as 18:00 e as 20:00 horas. O mesmo obradoiro “Crea a túa camiseta” que se desenvolveu o 17 no Milladoiro, terá lugar o sábado, 18 de xullo, entre as 11:00 e as 14:00 na Casa da Cultura de Bertamiráns.

Os “Escaparates Chéveres” lucirán en varios establecementos de Bertamiráns entre as 12:15 e as 13:45 e entre as 20:30 e as 22:15. Unha novidosa forma de achegar o teatro á rúa e aos escaparates dos comercios de Ames, para que así os veciños e veciñas de Ames poidamos desfrutar dos comercios hasta as 23.00 horas da noite sábado,  coa actuación do grupo “Caldo” na praza da Maía ás 22:30 horas.

O domingo 19 de xullo, o programa “Música na noite” traerá á praza de Manuel Murguía, ás 22:00 horas, a Diego Moreira e Nestor Peña.

Día de Galiza en Ames e últimas actividades de xullo

Cristian Leggiero e Patty Lesta pecharán o “Día de Galicia en Ames” que se celebrará o 23 de xullo no Pazo da Peregrina, as 20:30 horas.

Para o domingo, 26 está previsto outra entrega de “Música na noite” nesta ocasión con “conexión Habana”. Será na praza de Chavián ás 22:00 horas.

“AmesON” retoma a actividade o 31 de xullo cun obradoiro de Batukada que terá lugar entre as 19:00 e as 20:30 horas, na praza de Manuel Murguía. Un pouco máis tarde, ás 22:30, no anfiteatro do Milladoiro, actuarán Os Tocayos e DJ Federato.

As actividades completas do trimestre poden atoparse na web municipal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial