займ срочно

Ames comeza este venres a programación teatral que durará ata finais de ano

0

Ames, 16 de setembro do 2020 – O concello de Ames presentou a programación teatral do segundo semestre que durará ata finais de ano e que comeza este mesmo venres en Bertamiráns.

Serán seis espectáculos dirixidos a diversos públicos e que se porán en escea nos dous principais núcleos urbanos de Ames, Milladoiro e Bertamiráns. Será na Casa da Cultura de este último lugar á que este venres  Producións Teatrais Excéntricas leve Medida x Medida de Shakespeare.

Trátase dunha comedia de 110 minutos de duración, que acontece nunha Viena surrealista e imaxinaria. O mandatario Duque Vincenzo pasa á clandestinidade e manda aplicar con todo rigor a lei contra os comportamentos inmorais.

Ames comeza este venres a programación teatral que durará ata finais de ano

Unha imaxe de medida x medida

As entradas para asistir a este espectáculo son gratuítas. Os convites xa se poden adquirir na Billeteira electrónica. Por mor da Covid-19 o aforo será limitado para poder manter a distancia de seguridade entre os espectadores. Ademais, adoptáranse as medidas hixiénico – sanitarias marcadas polas autoridades sanitarias. 

A concelleira de Cultura, Natividade González, destaca que “por fin podemos efectuar o compromiso de reprogramar todos aqueles espectáculos que por mor da Covid-19 non se puideron levar a cabo antes. Esta obra forma parte das previstas para a programación teatral do primeiro semestre do ano. Coa prudencia que corresponde, quero convidar aos veciños e veciñas de Ames a que se animen a participar nos diferentes espectáculos municipais, xa que estamos a poñer todas as medidas necesarias para garantir a máxima seguridade”.

A programación continúa en novembro

No mes de novembro a compañía Inversa Teatro representará no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns a obra Sofía e as Postsocráticas. Será o 20 de novembro, ás 21.00 horas. Trátase dunha peza de teatro contemporáneo, de 60 minutos de duración, quer trata sobre a violencia machista, afondando nas causas da estrutura do maltrato.

Para o 23 de decembro, ás 21,00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, queda a obra EntreSoños, de Fran Sieira – Compañía de danza. É unha obra de baile e música tradicional galega, que conta cun elenco artístico de 3 bailadores/cantadores: Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijóo, ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Anxo Pintos.

Programación infantil

Por outra banda, programáronse dúas obras de teatro para público infantil. A primeira será Lambetadas, de Talía Teatro, que se representará o venres, 16 de outubro, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Este espectáculo, que está dirixido a nenos e nenas de 6 a 11 anos, será gratuíto. Para asistir será necesario retirar os convites na Billeteira electrónica. Faranse dous pases, un ás 17.00 e outro ás 18.30 horas. Trátase dun espectáculo destinado a público infantil para a transmisión da cultura galega.

O segundo espectáculo infantil representarase o 22 de decembro, ás 18.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Neste caso a compañía Galitoon representa The Show Moscón, un espectáculo de novo circo. Trátase dun marabilloso circo, ambulante de variedades representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números que se atopan no interior.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies