O Milladoiro, en Ames, acolle a xornada Innovames

0

Ames, 25 de xaneiro do 2018 – O Concello de Ames presenta Innovames, unha xornada de innovación e movemento maker, que terá lugar o 2 de febreiro na Casa da Cultura do Milladoiro e na que se contará coa presenza de referentes da innovación a nivel galego, nacional e internacional.

Innovames ten como obxectivo achegar as últimas tendencias no mundo da innovación a todos os públicos, xerando un espazo para a aprendizaxe e o diálogo, onde se comparta coñecemento e xurdan sinerxias que dean lugar a proxectos innovadores. Esta iniciativa está composta de conferencias e mesas de debate que versan sobre a tecnoloxía, a innovación, o audiovisual e a utilización de novos materiais.

Programa de mañá

A sesión matinal estará dirixida exclusivamente ao sector profesional. As 09:30 realizarase a presentación do evento. De seguido, de 10:00 a 10:30 horas, contarase coa presenza de Sonia Pazos Álvarez do INL, International Iberian Nanotechnology Laboratory, que ofrecerá un relatorio que versará sobre as posibilidades que nos outorga a nanotecnoloxía en multitude de sectores e onde presentará todo o que se está a facer neste centro de referencia internacional.

No programa matinal tamén destaca a presenza de diferentes representantes das empresas asentadas no polígono do Novo Milladoiro como NanoGap, Escenoset, Cartogalicia, CineMar films ou Zenit entre outros, que ofrecerán a súa visión particular do estado da innovación dentro dos seus diferentes sectores.

Ademais, haberá un espazo de exposición no que os asistentes poderán coñecer de primeira man exemplos da Galicia máis innovadora, coa presenza de makers galegos creadores de proxectos de innovación de referencia. Uns petiscos porán o punto final a unha sesión de networking que busca impulsar a creación de sinerxías entre empresarios e makers asistentes.

A concelleira de Promoción Económica, Isabel González, destaca que “coa creación de Innovames o Concello de Ames busca por en valor os recursos e a capacidade de innovación da nosa comunidade, fomentando a sinerxia e a colaboración entre as empresas e inventores galegos, e dando a coñecer ao público xeral o capital maker galego”.

Programa de tarde

O evento completarase cunha sesión de tarde que estará máis enfocada ao público familiar a través da programación de diferentes actividades e obradoiros orientados aos máis cativos. Demostracións de ciencia, realidade virtual, obradoiros de robótica, videoxogos ou un espazo para programar Apps serán algunhas das propostas ofertadas e que terán como finalidade fomentar a inquedanza por innovar das novas xeracións. Deste xeito, a sesión de tarde comezará as 16:00 horas cun obradoiro de papirotrónica, dirixido a nenos e nenas de máis de 6 anos. De 18:00 a 20:00 haberá outros dous obradoiros de robótica e de programación de Apps, que están dirixidos a nenos/as de máis de 8 anos.

Ademais, durante toda a tarde haberá unha exposición de proxectos da Maker Faire Galicia 2018 na que participarán as entidades 3D Limitless, MAKEROID, Arcade Pi, B.R.A.I.S., I.E.S. Sánchez Cantón, MINIMO, IOTLAB, PSICOVR, e SPAINLABS, así como   demostracións de experimentos científicos. Este é o segundo evento destas características que organiza o Concello de Ames, despois do Roteiro Maker feito en decembro de 2016. Para obter máis información ou inscribirse na xornada profesional e nos obradoiros hai que acceder a web: http://innovames.gal/

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial