займ срочно

O pleno de Ames reclama un centro de día para o concello

0

Ames, 8 de abril do 2018 – Pleno cargado de contido en Ames no que se aprobou, ademais de distintas propostas, unha declaración institucional na que se reclama un centro de día para o concello.

Promovido inicialmente polo concello non adscrito Javier López aprobouse un acordo institucional para a construción dun Centro de Día público en Ames, foi un dos últimos puntos pero ao que tódolos grupos fixeron achegas ao texto final.. A través de dito acordo ínstase á Xunta de Galicia a que subvencione actuacións de atención aos maiores residentes no Concello de Ames, especialmente, para que melloren así a súa calidade de vida e benestar desde un envellecemento activo acorde coas súas posibilidades vitais. No texto tamén se acorda iniciar os trámites necesarios para a construción dun Centro de Día non só para a atención do actual colectivo da terceira idade deste termo municipal, senón tamén como unha medida previsora de atención ao colectivo de residentes de máis de 55 anos (3.142 persoas) que pronto necesitará este tipo de servizo asistencial.

Suplemento de crédito e regulamentos

A corporación municipal aprobou por unanimidade o suplemento de crédito 1/18 e mailo cambio de finalidade dos recursos afectados do préstamo no 2010 e resto de préstamos anteriores para a realización de novos investimentos. Asemade, aprobouse a primeira modificación puntual do regulamento do Fondo de Acción Social; a aprobación do regulamento da Mesa de coordinación intersectorial do Concello de Ames, dentro do ámbito da Estratexia de promoción da saúde e prevención do sistema nacional de saúde; o convenio de colaboración para o desenvolvemento do programa “Xantar na casa”; o convenio de colaboración para regular o proxecto parque “Compostela rupestre”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies