Remata o proxecto de interpretación ambiental do Rego dos Pasos en Ames

0

Ames, 7 de xuño do 2018 –  Rapaces de ESO e bacharelato remataron o proxecto de interpretación do Rego dos Pasos en Bertamiráns, Ames.

Este proxecto de interpretación da fauna, flora e estado xeral do Rego dos Pasos foi unha colaboración das concellarías de mocidade e medio ambiente do concello de Ames cos profesores Renata Otero e Roberto Amarelle do IES de Bertamiráns. Nun primeiro traballo catalogouse a fauna e a flora e realizouse un estudo da saúde do entorno. Na segunda parte do proxecto os alumnos realizaron un mural sobre a fauna e a flora do lugar.

O obxectivo desta iniciativa foi involucrar desde diferentes ámbitos e materias ao alumnado do IES de Bertamiráns na realización de actividades de interpretación ambiental levadas a cabo dun xeito científico, lúdico e creativo. Tratábase de que os mozos puxeran en valor os diferentes espazos naturais do seu concello. A iniciativa foi concibida despois da inauguración dunha pequena senda pola marxe dereita do Rego dos Pasos, concretamente entre Bertamiráns e Pousada.

No acto público de presentación participaron a concelleira de Mocidade, Silvia Dapena, o concelleiro de Medio Ambiente, Javier García, a concelleira de Participación e Atención Veciñal, Isabel González, a directora do IES de Ames, Marisol Louro, os profesores coordinadores desta iniciativa, Renata Otero e Roberto Amarelle, así como as técnicas de mocidade e medio ambiente,  e outras persoas do equipo directivo e do profesorado do instituto. No encontro os rapaces, e os profesores coordinadores da actividade, puideron explicar en que consistiu o proxecto. O proxecto tamén abrangue a posta en marcha dun terceiro bloque de carácter audiovisual que se atopa en fase de deseño e preparación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies