Ames remata as melloras nos camiños de Punxeiras Baixas e Seares de Abaixo

0

Ames, 26 de decembro do 2018 – O concello de Ames ven de rematar as obras de mellora en camiños dos lugares de Punxeiras Baixas (Ortoño) e de Seares de Abaixo (Ames).

Este proxecto sufragouse cunha subvención de 49.222 euros, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), a través do plan de mellora de camiños municipais 2018-2019. O investimento total foi de 52.250,22 euros.  O proxecto técnico denominado Camiño en Punxeiras baixas e outros recollía a mellora de dous camiños: o viario de Punxeiras (Ortoño), que vai dende a escola unitaria; e o camiño que bordea o lugar de Seares de Abaixo (Ames). A través destas actuacións incrementouse a largura dos camiños, incidindo na mellora da seguridade e permitindo o cruzamento dos vehículos en zonas de curva de baixa visibilidade ou entroncamentos. Tamén se reforzou o firme existente, coa incorporación de novas capas das mesmas características que as existentes, as marxes dos camiños e terrapléns.

Obras en Seares de Abaixo

No lugar de Seares de Abaixo, situado na parroquia de Ames, os traballos realizáronse en dúas zonas: no camiño da estrada DP 0201 a Seares de Abaixo, e no camiño xeral de Seares de Abaixo á estrada DP 0201. No primeiro dos casos, actuouse nunha vía de 370 metros de lonxitude e un ancho de 4 metros. Ao igual que no camiño de Punxeiras Baixas, procederase á limpeza de gabias a ambas marxes e a mellora da capa de rodaxe. Tamén se aplicou un tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de fochancas, perfilado de mordentes e tratamento asfáltico semiprofundo.

En canto ao camiño xeral de Seares de Abaixo á estrada DP 0201, actuouse en tres treitos dos 835 metros cos que conta a vía. Ademais das melloras que se recollen tamén nos outros camiños, neste viario procedeuse ao previo emprego de 15 centímetros de zahorra, dez de grava e tratamento asfáltico semiprofundo en ampliación do ancho da superficie pavimentada a ambos lados, dentro da plataforma actual do camiño.

A maiores, e con fondos propios municipais, acondicionouse e mellorouse a pista interior de Seares de Abaixo, así como se vai a actuar nalgunhas cunetas existentes para canalizar as pluviais.

Para o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, as actuacións que se desenvolveron en Punxeiras Baixas e Seares de Abaixo axudan a “conservar e mellorar as infraestruturas do rural, facilitando unha mellor accesibilidade e dotando de maior seguridade a estes lugares”.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial