Ames afronta a remodelación do PM5-03 no Milladoiro

0

Ames, 12 de novembro do 2017 – O goberno municipal de Ames presentou este xoves, 9 de novembro o proxecto técnico de arranxo da urbanización do PM5-03 do Milladoiro.

Trátase de regularizar a situación irregular dunhas 200 vivendas que se atopan entre as rúas Figueiras e da Moa e entre a Travesía do Porto e a a rúa Costa Grande. A arquitecta municipal, Marta Bellas, e mailo arquitecto que redactou o proxecto de obras que se van a executar, David Fernández, explicáronlle aos veciños afectados os traballos que se realizarán

O proxecto de construción dos bloques de vivendas do PM5 foi aprobado no ano 2003. Posteriormente, en 2005 os promotores da obra solicitaron a súa recepción, pero as obras non foran executadas tal e como marcaba o proxecto, polo que se lle requiriu á empresa promotora que realizaran as obras necesarias para adaptar os bloques de vivendas ao que marcaba o proxecto. A pesar de executar estas obras continuou sen adaptarse ao proxecto, polo que o Concello fixo unha incautación de avais por valor de 532.000 euros. A empresa promotora denunciou ao Concello e en 2011 saíu a sentenza que foi favorable ao intereses da Administración local.

En 2015 coa entrada do actual goberno realizáronse varias reunións cos veciños/as deste lugar para tratar de resolver unha situación que leva estando de xeito irregular dende hai máis de 10 anos. Dito sector está plenamente desenvolto tanto a nivel de edificación como de urbanización, pero presenta diversas deficiencias, sendo unha delas o incumprimento da normativa en materia de accesibilidade. Así as obras que haberá que executar para paliar ditas deficiencias consisten na remodelación dunha ampla zona verde pública xunto cos seus accesos e superficies adxacentes de uso público.

O alcalde de Ames, José Miñones, agradeceu a paciencia dos veciños e explicou que “a través do proxecto que estamos presentado vaise a recuperar un importante espazo verde para uso e desfrute da veciñanza do Milladoiro. Vanse a realizar diversas obras para eliminar as barreiras arquitectónicas que limitan o acceso a dito espazo, e ademais, vanse a construír diversas plataformas con ramplas como puntos de acceso”.

A remodelación proposta para o PM5 supón principalmente acadar o cumprimento da obriga de accesibilidade á referida zona verde. Para o financiamento desta obra o Concello incautou avais por valor de 356.818,30 euros. Coa aprobación deste proxecto poderase abrir un proceso de licitación para adxudicar as devanditas obras. Estes bloques de vivenda (unhas 200 vivendas) están sen recibir por parte do Concello e polo tanto as vivendas non contan con licenza de primeira ocupación. Trátase de arranxar unha vella reclamación da veciñanza deste lugar do Milladoiro.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies