Ames repón as beirarrúas de Alcalde Lorenzo en Bertamiráns

0

Ames, 12 de marzo do 2019 – A Xunta de Goberno Local de Ames vén de aprobar a adxudicación  do proxecto de reposición de beirarrúas na rúa Alcalde Lorenzo e de repavimentación da glorieta do Pedregal, en Bertamiráns.

As obras de Bertamiráns foron adxudicadas por un importe de 80.756,20 euros, IVE incluído. Estas actuacións están incluídas no Plan Complementario do POS+ 2018, adicional 1/2018 e teñen un prazo de execución de seis meses.

No referente á reposición de beirarrúas na rúa Alcalde Lorenzo, preténdese a construción de 1.185 metros cadrados de beirarrúa, dos que 278 metros lineais (105 e 173 metros) serán pola marxe esquerda e 124 metros pola marxe dereita. As obras faranse con bordo prefabricado de formigón e baldosa de formigón vibrado de 60x40x6 centímetros granallada, sobre base de cinco centímetros de zahorra e dez de formigón, incluído mallazo e xuntas de dilatación. Todo elo, previa demolición de bordo, beirarrúas e pavimento existente.

A obra completarase coa retirada e recolocación de farois, sinais e mobiliario existente, así como o pintado de bordo e unha partida para adaptación de pozos e arquetas á nova rasante.

Por outra banda, en canto á repavimentación da glorieta do Pedregal, preténdese a mellora da capa de rodaxe da glorieta con seis centímetros de aglomerado en quente nun total de 1.700 metros cadrados de superficie, previo fresado do firme existente. A obra completarase coa sinalización horizontal con pintado de liñas e símbolos, ademais dunha partida para a adaptación de pozos e arquetas á nova rasante.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial