O concello de Ames volve a retrasarse no cobro dos recibos dos comedores e lúdicos

0

Ames, 6 de novembro do 2019 – Ao igual que sucedera o ano pasado o concello de Ames ten a día de hoxe sen cobrar os recibos dos lúdicos de verán e dos comedores escolares de setembro e outubro.

A finais de novembro do 2018 as familias entregaban un escrito no concello pedindo que no se repetiran os retrasos no cobro dos recibos. A Valedora do Pobo chegou a emitir unha recomendación sobre este tema que o concello contestou aludindo a “un problema puntual”. Un ano despois a situación é similar.

A día de hoxe están pendentes de cobro os lúdicos de xuño, xullo e agosto e setembro e os recibos de comedor de setembro e outubro. A suma en algunha familia, si se cobran de golpe, pode superar os setecentos euros. Por datos podería incluso coincidir co recibo do IBI e polo tanto empeorar aínda máis a situación.

Perda de servizos

Ao mesmo tempo que se repiten os problemas dos recibos o Partido Popular denuncia a perda de servizos vinculados aos comedores. Na moción presentada no último pleno, que non foi debatida por ser considerada un rogo, os populares denunciaban que se deixou de acompañar ao alumnado ao pavillón de Bertamiráns para aqueles que realicen actividades deportivas despois do comedor. O PP achaca a situación a unha decisión unilateral do concelleiro de Educación David Santomil.

Axendas e reunións

Según puido saber Lindeiros a todo esto hai que engadir o feito de que a reunión anual para informar aos novos usuarios do funcionamento dos comedores este ano non se celebrou. Por outra banda, como tamén denuncia nunha nota o PP, o concello decidiu eliminar a axenda física na que se anota o comportamento diario dos nenos con respecto da comida.

A axenda vai ser sustituida por unha aplicación móbil o que podería supor unha discriminación xa que algunha familia con escasos recursos podería non acceder ao servizo. O primeiro mensaxe que recibiron os pais foi un no que se advertía de que só se usaría no caso de existira algún problema rematando con “… Se non recibes nada, tranquilo/a é síntoma de que todo está ben e o teu pequecho/a está de marabilla…”.

Un concelleiro xa reprobado

Hai que dicir que a concellaría de Educación segue sendo dirixida por David Santomil que na anterior lexislatura chegou a ser reprobado polo pleno municipal por 12 votos a 9. En aquela ocasión toda a oposición púxose de acordo nas críticas que eran por distintos temas relacionados non só con educación se non tamén por cultura. No seguinte enlace pódense escoitar os audios de aquela sesión de xaneiro do 2017.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial