Admitidas as alegacións ao transporte metropolitano presentadas por Ames

0

Ames, 14 de setembro do 2019 –  O alcalde de Ames, José Miñones, e maila concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez, mantiveron unha xuntanza coa consultora do transporte metropolitano para explicarlles as alegacións presentadas polo Concello.

En dita reunión os representantes da consultora do Transporte metropolitano trasladáronlle ao goberno municipal a viabilidade das alegacións presentadas e consideran que son coherentes e é posibles levalas a cabo. O rexedor municipal e maila concelleira de Mobilidade tamén se interesaron sobre a accesibilidade, a problemática dos carriños de bebé, as paradas e o sistema informatizado.

As alegacións presentadas céntranse en seis liñas de transporte: ruta da rúa da Rosa – Bertamiráns – A Gándara; ruta da rúa da Rosa – Ameneiro – Casalonga – Firmistáns; ruta da rúa da Rosa – O Milladoiro; ruta polígono Novo Milladoiro – Bertamiráns; e ruta da rotonda de As Viñas – rúa da Rosa. Ademais, proponse para as fins de semana, a creación dunha liña nocturna con parada segura que sexa circular Bertamiráns – O Milladoiro – rúa da Rosa, comezando ás 23:30h con dúas frecuencias de primeira hora e dúas de volta ás 3:00 e 4:00 horas.

transporte metropolitanoDeste xeito, dende o goberno municipal de Ames xustificaron que son necesidades trasladadas por parte da veciñanza de Ames. Ademais, plantexouse que unha das necesidades primordiais para a implantación do PMUSS (Plan de Mobilidade Urbana Sostible e Saudable) é dispor dun transporte que cubra as necesidades da poboación do concello e poder ter liñas en horarios importantes para os grandes puntos de mobilidade (polígonos, hospitais, universidade, etc.).

Alcalde e concelleiros tamén expresaron a necesidade de poder enlazar o transporte metropolitano que chega de Ames coas liñas de Santiago, que van cara os polígonos para non ter que usar o vehículo privado, así como poder dispor dunha boa conexión co polígono do Milladoiro, xa que moitos dos seus traballadores/as viven fóra do Milladoiro.

Creación dunha liña nocturna

Por último preseouse a demanda para a creación dunha liña nocturna, xa que é unha das demandas, que ao longo destes último anos, máis se ven solicitando por parte da mocidade amesá. Trátase da posta en servizo dunha liña BUHO nocturna con percorrido de ida e volta a partir das 23:30h da noite en venres e sábados.

Así, desde o goberno de Ames proponse para as fins de semana, a creación dunha liña bufo (nocturna) con parada segura que sexa circular Bertamiráns – O Milladoiro – rúa da Rosa, comezando ás 23:30h con dúas frecuencias de primeira hora e dúas de volta ás 3:00 e 4:00 horas. Esta nova liña permitiría mellorar a seguridade viaria da mocidade nun concello que é o máis novo de toda Galicia e que require de medidas excepcionais.

O alcalde de Ames, José Miñones, destaca que “todas e cada unha das alegacións mellorarán considerablemente o transporte con Santiago e permitirá comezar cunha nova forma de desprazamento máis eficiente e eficaz”. Ademais, o rexedor municipal agarda que “o trasladado na xuntanza se materialice, e en breve podamos ter en marcha o proceso de licitación, porque de ser atendidas as demandas do Concello a posta en marcha do servizo mellorará en calidade e cantidade o transporte actual que pasa por ser deficiente”.

A concelleira de Mobilidade, Beatriz, Martínez, indicou que “os representantes da consultora do Transporte metropolitano trasladáronlle ao goberno municipal a viabilidade das alegacións presentadas e consideran que son coherentes e é posibles levalas a cabo”.

O goberno municipal tamén puxo enriba da mesa a problemática dos carriños de bebés e pediu que sexa acollido na redacción dos pregos a posibilidade de viaxar con eles e non dependa do condutor ou a compañía de transporte. Tamén se solicitou a inclusión dos aspectos de accesibilidade e cumprimento da normativa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial