Ames segue sen pechar a liquidación do contrato da auga activo entre 1998 e o 2014

0

Ames, 17 de abril do 2019 – O Partido Popular de Ames ven de denunciar a intención do equipo de goberno de levar a pleno a prorroga da xestión do Ciclo Integral da Auga sen ter liquidado os contratos vixentes entre 1998 a 2014 e 2015 a 2017.

Os Populares explican que pediron en varias ocasións información sobre os anteriores contratos da auga. Inciden en que a actual concesionaria, Espina e Delfín, e a mesma que xestionou o ciclo no período 1998 a 2014 e á que se lle quere prorrogar o contrato polo que debería ser doado liquidar o anterior.

Segue pendente tamén de ser liquidado o último contrato asinado coa UTE Acciona Auga Espina Servicios, vixente desde o 2015 ata o 2017. En este caso o concello iniciou os trámites de motu propio e despois de seis meses de traballos emitiu un informe que da un saldo a favor do concello de medio millón de euros, informe que foi xa notificado. Os Populares critican que nin tan siquera ese contrato de dous anos vexa rematada a liquidación antes de que acabe a lexislatura actual.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial