займ срочно

Ames seguirá polo momento sen regulamento de participación cidadá

0

Ames, 1 de decembro do 2018 – O pleno ordinario de novembro no concello de Ames deixou enriba da mesa o regulamento de participación cidadá a espera dun informe xurídico.

No 2016 aprobábase o regulamento orgánico municipal que era posteriormente levado ao BOE para que entrara en vigor aínda que o texto foi modificado e aprobado de novo no pasado mes de outubro. A primeira das disposicións adicionais de ese regulamento indica que a participación cidadá terá a súa propia normativa, consensuada e exposta na web municipal ata o 19 de outubro pasado. A normativa ia ser aprobada definitivamente pola corporación en este pleno pero unha duda do Partido Popular sobre o Dereito a Audiencia Pública fixo que quedara de novo postergado ata recibir os concelleiros un novo informe xurídico.

Modificación da Relación de Postos de Traballo

Outro dos puntos tratados foron os textos refundidos da Relación de Postos de Traballo (RPT) que foron aprobados por unanimidade. A nova relación recolle as sete modificacións puntuais aprobadas ata este momento; do Convenio colectivo do persoal laboral, que recolle a modificación en materia de clasificación profesional co obxectivo de acadar unha efectiva homologación e equiparación co sistema de clasificación profesional aplicable ao persoal funcionario municipal, como consecuencia da entrada en vigor do EBEP; e do Regulamento do Fondo de Acción Social (FAS) do Concello de Ames, que consiste nunha modificación da distribución da partida de melloras sociais. Nesta primeira modificación puntual do FAS modificouse o artigo 12 e engadiuse a disposición adicional quinta.

Propostas do Partido Popular e Pacto por Ames

Asemade, abordáronse dúas propostas presentadas, de forma conxunta, polos grupos municipais do Partido Popular e de Pacto por Ames para dotar ao Concello de Ames dunha Comisaría da Policía Nacional, adscrita á de Santiago de Compostela, e sobre a realización de actividades para conmemorar o 40 aniversario da Constitución Española.

Na primeira ínstase aos órganos autonómicos e estatais competentes en materia de seguridade a tomar as medidas necesarias para a implantación dunha Comisaría da Policía Nacional, de un xeito similar, ao que se fixo en localidades e zonas de influencia como a de Ames, tal e como é o caso da Comisaría de Distrito Vigo – Redondela. Esta proposta foi rexeitada cos votos en contra dos membros do goberno municipal e do grupo Ames Novo, mentres que os edís do grupo municipal e de Pacto x Ames votaron a favor. Neste senso dende o goberno municipal defenderon a idea de intentar cubrir os 50 postos cos que foi creado o Cuartel da Garda Civil do Milladoiro, en vez de crear unha  Comisaría da Policía Nacional.

A través da segunda proposta solicitouse que o Concello de Ames coloque, tal e como se veu realizando coa celebración doutros eventos, unha pancarta conmemorativa do 40 aniversario da Constitución no balcón ou na fachada da Casa da Consistorial. Tamén se solicitou que o Concello de Ames organice no Pazo da Peregrina, en torno ao día 6 de decembro de 2018, en horario de tarde, un acto conmemorativo do 40 aniversario, ao que se convidará a todos os cidadáns, e que consistirá na lectura dalgún artigo ou varios artigos da Constitución Española de 1978; podéndose convidar ao devandito acto a algunha personalidade relevante para que dirixa a todos os presentes unhas palabras relacionadas coa conmemoración, así como que se invite a dito acto ao alumnado dos centros educativos de primaria, secundaria e bacharelato.

Nesta proposta o grupo Ames Novo presentou un voto particular, que foi rexeitado co voto en contra dos membros do goberno municipal e dos edís do grupo municipal e de Pacto x Ames, mentres que os concelleiros e concelleiras de Ames Novo votaron a favor. Unha vez rexeitado o voto particular, votouse a proposta que tamén foi rexeitada cos votos en contra dos membros do goberno municipal e do grupo Ames Novo, mentres que os edís do grupo municipal e de Pacto x Ames votaron a favor. O goberno municipal desenvolverá unha programación específica sobre o 40 aniversario da Constitución Española o martes 4 na Casa da Cultura do Milladoiro, e mailo xoves, 6 de decembro, na Casa do Concello.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies