Ames abre o proceso de contratación do servizo de socorrismo e primeiros auxilios

0

Ames, 10 de xaneiro do 2018 – Este pasado publicouse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de vixilancia, socorrismo e primeiros auxilios na praia fluvial de Tapia e nas piscinas descubertas de Ames.

O servizos de socorrismo e primeiros auxilios contrataranse por unha duración inicial de dous anos, podendo prorrogarse anualmente ata un máximo de catro anos, incluído período inicial e prorrogas. O expediente foi aprobado previamente en Xunta de Goberno Local e tamén publicado, o 4 de xaneiro, no Diario Oficial da Unión Europea.

O servizo de vixilancia e socorrismo do Concello de Ames estará activo a partir do 15 de xuño, incluídos domingos e festivos, data na que abrirán as piscinas municipais descubertas e mailas instalacións da praia fluvial de Tapia. O concelleiro de Deportes e alcalde de Ames, José Miñones, di que o “obxectivo desta licitación foi incorporar o servizo de vixilancia ao que xa se viña prestando para socorrismo, de xeito que se simplifiquen os procedementos e se mellore a prestación”.

Prazo de presentación de ofertas

Os licitadores poderán presentar as súas propostas no rexistro xeral do Concello de Ames ata o 22 de febreiro de 2018. Cada licitador presentará dous sobres pechados e asinados por el mesmo ou persoa que o represente, nos que se indicarán, ademais da razón social e denominación da entidade participante, o título do procedemento licitatorio. No sobre A incluirase a documentación administrativa esixida para tomar parte na licitación e, no sobre B, os criterios avaliables de forma automática e proposición económica.

Para todas as informacións relativas á convocatoria ou para a obtención dos pregos pódese consultar o perfil do contratante da páxina web municipal, na sección AMES-DIXITAL.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial