Ames sube ata os 83 casos activos e a preocupación en Ventín non diminúe

0

Bisbarra, 9 de outubro do 2020 – A situación en Ames, xunto coa de Compostela, segue a ser a máis preocupante na Área Sanitaria Santiago Barbanza, e mantense especialmente nos pais do colexio de Ventín.

Os casos positivos en Ames soben, no día de onte, ata os 83. Esta continuo aumento de casos é froito so cribado masivo que está xa en 2.000 probas realizadas e do que quedan por facer aínda unhas 1.700 polo que o número de casos pode crecer aínda máis. O cribado está dando un 1,1 % de casos positivos e revela que a porcentaxe de asintomáticos está no 1%.

O principal foco de positivos está no Milladoiro a onde pertencen o noventa por cen. As medidas de restritivas impostas o pasado 23 de setembro seguen activas e polo momento non se baralla a opción de aumentalas. O concello si insiste na necesidade de colaboración por parte de toda a cidadanía para o cumprimento exhaustivo das normas. Recoméndase evitar o contacto masivo, o uso da máscara en todos os ámbitos e, en especial, nas xuntanzas familiares.

O colexio de Ventín

Os casos nos colexios da Área Sanitaria baixan a 44 e no dia de onte non estaba cerrada ningunha aula. En Ventín segue a preocupación despois do sucedido ao principio de semana e que podedes lembrar nos artigos que Lindeiros publicou martes e mércores.

Según as publicacións da ANPA As Brañas as chamadas de seguimento a algunhas familias, por parte dos rastrexadores, seguiron o mércores. Dado o sucedido a Asociación presentou unha nova queixa formal ante sanidade onte xoves na que solicitan información clara sobre os casos activos. A última hora da maña Sanidade responde que todo está “solucionado e baixo control”.

Unhas horas despois de esa conversa as dúas aulas afectadas son chamadas de forma urxente a facer o “Auto Covid Escola”, e dicir someterse as probas PCR no lugar habilitado no Complexo Hospitalario. A continuación vos poñemos a publicación do ANPA

Que fixemos …

👉 Hoxe pola mañá puxemos unha queixa formal a Sanidade polo sucedido
👉 Solicitamos ademáis aclaracións…

Publicado por Anpa Ventin en Jueves, 8 de octubre de 2020

Bisbarra

A bisbarra segue unha boa evolución aínda que o Barbanza mantén en algúns concellos cifras relativamente altas. Boiro ten 33 casos activos, Rianxo 20, Ribeira 12 e Outes 9. Lousame e Noia teñen 4 casos e Muros e A Pobra 2. Estes datos eran publicados onte polo concello de Noia na súa páxina de Facebook aínda que non especificaba de onde procedían.

#Covid19 O Concello de Noia informa de que, a día de hoxe, hai 4 casos positivos por Covid-19.
O número de casos…

Publicado por Concello de Noia en Martes, 6 de octubre de 2020

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial