Ames reparte as subvencións a asociacións culturais e comisións de festas

0

Ames, 11 de febreiro do 2018 – 64.000 € é a cantidade que o concello de Ames repartirá entre 26 entidade sen ánimo de lucro despois de resolver as solicitudes presentadas.

As subvencións repartiranse entre 17 asociacións culturais e 9 comisións de festas, corenta mil  euros para as primeiras e vinte catro mil para as segundas. Con este reparto a partida dos orzamentos destinada a promoción de actividades culturais esgotouse por completo. O importe das subvencións incrementouse nun 10% no caso das actividades culturais e duplicouse o das festas en parroquias de menos de 500 veciños.

O concelleiro de cultura David Santomil explicaba  que  “en 2016 fixemos un proceso participativo e aberto que deu como resultado a modificación das bases. Grazas a iso incrementouse o número de solicitudes e mailo número de entidades locais subvencionadas. Deste xeito, o goberno municipal reforza as liñas de subvención de concorrencia competitiva e os criterios obxectivos”.

Para a promoción de festas tradicionais celebradas no exercicio 2017 realizouse unha actualización do censo de habitantes das parroquias e estableceuse unha nova distribución para facilitar as achegas ás parroquias con menos poboación, duplicando o importe asignado de 500 e 1.000 euros, aplicable ás parroquias de menos de 500 habitantes. Nas parroquias de tamaño medio, de ata 3.000 habitantes, o importe ascendeu a 2.500 euros, o que supuxo un incremento do 25% en relación a anteriores convocatorias, e nos núcleos urbanos de Milladoiro e Bertamiráns, incrementouse ata un máximo de 8.000 euros.

Ao igual que no caso das festas na convocatoria de subvencións para actividades culturais introducíronse varias modificacións. O principal cambio foi que se incrementou o importe subvencionable ata o 80%, de xeito que o Concello pode financiar 8 de cada 10 euros investidos polas asociacións culturais. Isto supuxo un incremento do 10% en relación ás convocatorias de anos anteriores.

En ambas convocatorias reduciuse o importe mínimo a xustificar do 50% ao 30%, de maneira que as asociacións que non puideron realizar a actividade prevista na súa totalidade, poden percibir igualmente a subvención sempre que se xustifique cando menos unha terceira parte do proxecto solicitado, coa minoración correspondente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial