Ames suma ás festas da Peregrina as de Agrón

0

Ames, 9 de agosto do 2018 – A veciñanza de Ames ten onde elixir esta fin de semana porque, ademais da Peregrina en Bertamiráns, a parroquia de Agrón celebra do 10 ao 12 as súas festas.

Mañá venres Agrón celebra o día de San Lourenzo. Ás 13:00 horas haberá misa solemne e a continuación sesión vermú co dúo Nueva Era, formación que repetirá na verbena da noite xunto á orquestra Furia Joven.

O sábado e o día do Santísimo Sacramento. Ademais da misa a sesión vermú será amenizada pola banda de gaitas e o grupo de baile Os Castros de Ames. Xa pola noite, as actuacións correrán a cargo do grupo Arena e Disco Glass.

O domingo rematan os tres días de festexos co de San Roque. Logo da misa cantada, a orquestra Los Españoles será a encargada da actuación musical tanto durante a sesión vermú como na verbena.

Dende a comisión de festas de Agrón animan á veciñanza a participar dos festexos e lembran que o campo da festa contará con cantina e aparcadoiro para deixar os coches.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies