займ срочно

 Criaturas de Roberto Vidal Bolaño baixo a visión do Grupo Municipal de Teatro de Ames

0

Ames, 3 de xuño do 2019 – O Grupo de Teatro Municipal de Ames, baixo a dirección de María Ordóñez, estrea o próximo venres, 21:00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro, a súa versión das Criaturas de Roberto Vidal Bolaño.

As entradas para Criaturas, que son de balde, están dispoñibles na billeteira electrónica municipal. Ademais, as persoas interesadas en acudir á función poden tentar conseguir a súa entrada, de xeito presencial desde unha hora antes do comezo do espectáculo. Como máximo poden obterse 4 convites por persoa. A peza está dirixida a un público adulto

A trama da peza xira arredor de Frankenstein, que na súa derradeira viaxe, vaise cruzando cunha serie de personaxes anónimas coas que todas e todos, convivimos diariamente e coas que nos relacionamos con total naturalidade. Trátase dunha comedia ácida que nos fará plantexarnos quen é máis criatura, se o monstro ideado por Mary Shelley ou a xente coa que se atopa.

Dirixida por María Ordóñez, a obra será interpretada polas actrices e actores do grupo municipal de teatro de Ames. Desta maneira, conforman o elenco Pablo Núñez, Patricia López, Eva García, Antía Villarino, María Jesús Pena, Carlos Labraña, Emilia Mayo, Chiruca Tarrío, Noemí Graña, Paz Romai e Pilara Gómez.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies