Ames traballa na contorna do novo centro de saúde do Milladoiro

0

Ames, 8 de abril do 2019 –  O Concello de Ames executa a escavación dos viarios de servizo do novo centro de saúde do Milladoiro aínda que polo momento no se pavimentarán.

Son dúas as rúas que bordearán o novo centro de saúde. Por unha parte a que vai dende Travesía de Porto ao cruce de Agro do Medio con Agro da Madalena e unha segunda que dá continuidade a rúa das Camelias. As obras teñen un custo de 35.211,46 euros, IVE incluído.

Os traballos  consisten en acadar a rasante definitiva no entorno das obras do centro de saúde en dúas vías de nova apertura aínda que polo momento non se pavimentarán. Unha vez rematados estes traballos comezarase coa instalacións dos servizos de abastecemento de auga, saneamento, subministración eléctrica, alumeado, telefonía, etc. Estas infraestruturas deberán estar realizadas á entrada en funcionamento do centro de saúde.   

Por outra banda, urbanizouse a beira oeste da Travesía do Porto o que permitiu abrir un acceso directo ao parque público verde do Milladoiro. Este proxecto, que foi adxudicado por un importe de 245.993 euros, foi sufragado a través dunha achega provincial de 2016 (antigo Plan de Acción Social) que está incluída dentro do POS+ 2017. A través desta obra ampliouse a beirarrúa oeste que pasou a ter aparcamentos laterais de 2,5 metros, separados da calzada por unha rigola. Asemade, reformouse totalmente a beirarrúa oeste que se reparte en beirarrúa exterior (Camiño Portugués), de 3,30 metros, e beirarrúa interior de 2,60 metros de dimensión mínima, separadas ambas por aliñación de arboredo. A través desta actuación déuselle continuidade á zona urbana que ven dende a rúa Palmeiras e abriuse o parque verde público aos peóns que transitan pola Travesía do Porto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial