займ срочно

II Trail e Andaina Ribeiras do Tambre

0

Ames, 6 de febreiro do 2020 – O concello de Ames ven de presentar a segunda edición do  Trail e Andaina Ribeiras do Tambre que se celebrará o próximo domingo 23 de febreiro.

Organizado polo Concello de Ames e maila Federación Galega de Atletismo, o Trail e Andaina Ribeiras do Tambre contou para a presentación aos medios coa concelleira de Deportes, Susana Señorís, o delegado da Federación Galega de Atletismo en Santiago de Compostela, Iván Sanmartin, o representante do Real Aeroclub de Santiago, Alex Beiras, e o técnico municipal de deportes, Alberto Viaño. Para participar é necesario inscribirse en www.carreirasgalegas.com ou en www.emesports.es antes do mércores 19 de febreiro ás 23:59 horas.

II Trail e Andaina Ribeiras do TambreHorarios, distancias e saídas do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre

O horario de saída do trail será ás 10.00 horas, dende Ponte Maceira. Cunha distancia de aproximadamente 15,23 quilómetros, a meta estará instalada no Real Aeroclub de Santiago, nas instalacións da Ameixenda. Minutos despois, ás 10.05 horas, procederase á saída da andaina, coa mesma saída e mesma meta, e cunha distancia de 14,23 quilómetros. Tanto os participantes do trail como os da andaina serán trasladados en autobús dende o Real Aeroclub de Santiago ata o punto de saída en Ponte Maceira a partir das 8.30 horas.

Categorías e recollida de dorsais

No trail haberá varias categorías: sénior masculino e feminino (18 anos cumpridos), máster 1 masculino e feminino (nados entre 1980-85), máster 2 masculino e feminino (nados entre 1971-79), máster 3 masculino e feminino (nados en 1970 e anteriores) e absoluta masculino e feminino (calquera das categorías anteriores).

Pola contra, na andaina non se establecerán categorías de participación, pero os menores de idade terán que ir acompañados en todo momento por un adulto maior de 18 anos. A idade mínima de participación na andaina é de 10 anos cumpridos o día da proba.

Os dorsais teñen un prezo de 7 euros para os participantes na andaina e de 11 euros para os participantes do trail, e poderán recollerse a partir das 8.30 horas nas instalacións do Real Aeroclub.

Premios e agasallos 

Existirán premios para os/as 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría, ademais de premios aos/ás 3 primeiros/as locais empadroados no Concello de Ames, aos/ás 3 primeiros/as socios/as do Real Aeroclub de Santiago e aos 3 primeiros clubs da clasificación do trail. A entrega de premios levarase a cabo a partir das 12.30 horas nas instalacións do Real Aeroclub.

En canto aos equipos, darase trofeo aos tres primeiros, tanto federados como populares, xunto cun premio metálico aos cinco primeiros equipos da clasificación do trail. Para isto, tomaranse como referencia os seis primeiros clasificados/as de cada equipo, os cales poden ser mixtos. Haberá unha dotación de 150 euros para o primeiro equipo clasificado, 125 euros para o segundo, 100 para o terceiro, 75 ao cuarto e 50 euros ao quinto equipo clasificado.

Ademais, haberá agasallos técnicos pola súa participación tanto para os participantes no trail como na andaina, o cal poderán recoller xunto ao dorsal de competición antes de coller o autobús. Este evento conta coa colaboración do Real Aeroclub de Santiago, Gonzacar, Pazo de Anzuxao, Tropic e Frutas Compostela.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies