Javier Busto e Lara Lois gañaron a Transgalaica de Ames

0

Ames, 17 de abril do 2018 – A cuarta e última proba do circuíto Transgalaica 2018 celebrouse este domingo, 15 de abril, no concello de Ames, contando con máis de 350 participantes entre as distintas categorías.

A Transgalaica de Ames tivo como gañador na categoría masculina de máster 30 a Javier Busto do Extol-La Gramola Team, mentres que na categoría feminina elite a campiona foi Lara Lois, pertencente ao mesmo equipo. Esta proba, que contou coa colaboración do Concello de Ames, íase realizar o pasado 11 de marzo, pero tivo que aprazarse debido a unhas condicións meteorolóxicas adversas. As imaxes que se poden atopar nesta nova pertencen ao club de ciclismo Esfola Arrós. A, que pertence á modalidade de ciclismo de montaña XC-maratón, discorreu por un circuíto de 33 quilómetros. Comezando no Pazo da Peregrina en Bertamiráns percorreron os lugares de Covas, Ventosa e o monte San Marcos, pasando ao carón do rego de Riamonte e subindo ata o alto de Liñaredo, desde onde continuaron pola praia fluvial de Tapia e pola estrada que vai de Seares de Arriba a Lens, discorrendo pola baixada de Pegariños, Caroubáns, ata chegar de novo ao Pazo da Peregrina.

Na categoría masculina de máster 30 gañou Javier Busto do Extol-La Gramola Team, mentres que na segunda posición quedou Alejandro Paleo do club Gráficas Lar PC. O terceiro posto foi acadado por Manuel Casuso do club ciclista Master Galaico CD. Na categoría feminina elite a campioa foi Lara Lois do club de ciclismo Extol-La Gramola Team. Na segunda posición quedou Alba Barrau do Valle de Benasque AC, mentres que na terceira ficou María José Gómez do Cambre CC. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o resto de resultados desta proba.

A primeira proba do circuíto Transgalaica 2018 celebrouse o pasado 25 de febreiro no concello de Cercedo-Cotobade. A segunda proba, pola súa banda, tivo lugar en Vigo o 25 de marzo, no entanto que a terceira desenvolveuse na Estrada o 8 de abril. A proba de Ames estaba organizada, nun primeiro momento, para o 11 de marzo. Porén, as condicións meteorolóxicas previstas para aquela data, provocaron que a proba se adiase ata este domingo, tornándoa a última do circuíto en ser celebrada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies