O XXXIV Descenso do Tambre disputarase o 11 de agosto

0

Ames, 2 de agosto do 2019 – A praia fluvial de Tapia será escenario o domingo, 11 de agosto, da XXXIV edición do Descenso do Tambre, unha das probas clásicas do mes de agosto na bisbarra.

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, xunto co Concello de Ames e maila Federación Galega de Piragüismo, organiza esta competición que chega á súa trixésimo cuarta edición.

A proba está dividida en dúas partes. Ás 16:00 horas realizarase o descenso do Tambre, que ten unha distancia de 5.400 metros, entre Portomouro (Val do Dubra) e a praia fluvial de Tapia (Ames).

descenso do tambre 2019No descenso participarán padexeiros/as correspondentes ás categorías kaiak home (veterano, sénior, júnior e cadete), kaiak muller (sénior, júnior e cadete) e canoa home (sénior, júnior e cadete).

A partir das 17:00 horas desenvolverase a segunda parte do evento que se realizará na propia praia fluvial de Tapia. Aqui poderán participan rapaces e rapazas das categorías benxamín, alevín e infantil con embarcacións K-1 e C-1. O circuíto contará cunha distancia dun quilómetro e medio.

Unha vez finalizadas todas as probas farase a entrega de premios, que está previsto que comece as 20.00 horas. Haberá trofeos para os deportistas das tres primeiras embarcacións de cada modalidade e categoría. Tamén se entregarán trofeos aos tres primeiros clubs clasificados tanto do descenso coma no circuíto da praia fluvial. A proba está aberta a todos os clubs de piragüismo e seccións de piragüismo de entidades deportivas de toda España, así como a aqueles/as deportistas que cumpran a normativa de afiliación establecida pola Federación galega ou española de piragüismo (temporada 2019). A xornada rematará despois dos pinchos, que se ofrecerán aos participantes e os seus acompañantes.

Para poder competir, os padexeiros deberán estar en posesión da licencia federativa debidamente actualizada para a tempada 2019 e será de uso obrigatorio o chaleco salvavidas para todos os participantes. Cada club poderá inscribir en cada proba o número de embarcacións e padexeiros/as que consideren, sen límites. As inscricións poderán realizarse mediante a aplicación web da Federación Galega de Piragüismo antes do martes 6 de agosto.

Recollida de dorsais

A recollida de dorsais realizarase das 13.30 ás 14.30 horas nas instalacións da praia fluvial, no mesmo día da regata. Nesta edición está previsto que participen centos de padexeiros de toda Galicia que descenderán polas augas do río Tambre e, como en anos pasados, serán moitos os club galegos que loiten por acadar un bo posto neste evento deportivo.

Para máis información pódense poñer en contacto co Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre chamando aos número se teléfono 625 398 575 ou enviando un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal. Outra opción é poñerse en contacto coa Federación Galega de Piragüismo a través do número de teléfono 986 84 21 06 ou no enderezo electrónico kayak-canoa@fegapi.org.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial