займ срочно

Ames só consigue adxudicar 10 unidades de soterramento

0

Ames, 3 de outubro do 2019 – O segundo proceso de adxudicación de unidades de soterramento no cemiterio de Ames recibe tan só 10 solicitudes, un 16% por cento do total, o que motiva as críticas do Partido Popular.

Os populares explican que a finais de agosto pechou este segundo proceso e só se recibiran 13 solicitudes de compra de unidades de soterramento e de elas producíronse 3 renuncias. A principal crítica ven pola falta de “incentivos” para a adquisición o que converte o servizo en deficitario pola falta de interés.

Os populares lembran que foron moi críticos co primeiro proceso de adxudicación, aberto a finais do 2017. En aquela ocasión os espazos saíron ofertados ao mellor prezo. En agosto de aquel ano o PP presentou unha proposta para modificar o prego de condicións sen que fora aprobada.

Ante o pobre porcentaxe de venta conseguido, sempre según os populares, en xaneiro de este ano saíu un novo prego de condicións. Este segundo proceso adxudicaba as unidades de soterramento de forma directa por orden de petición. Pese a que este proceso é máis áxil os resultados, esas 10 peticións, tampouco foron os esperados.

O Partido Popular lembra que “segundo se recolle nos Orzamentos Municipais do exercicio 2019, o Goberno Socialista esperaba obter, tras este novo proceso de adxudicación, un total de 50.000 euros.  Unha cantidade superior aos 31.000 euros orzamentados como gastos de cemiterio e servizos funerarios. De cumprirse estas previsións e, sen ter en conta a amortización das inversións realizadas, o servizo sería, por primeira vez economicamente sostible”.

A realidade é que das dez adxudicacións aprobadas, en tres delas os adxudicatarios están pendentes de aboar o 50% restante da taxa de concesión, téndoo que ingresar no prazo de 6 meses. Do contrario quedarían excluídos da concesión. Para o PP amiense “é evidente que este segundo proceso volve a fracasar, incumpríndose cos obxectivos orzamentados polo Alcalde Miñones. Así o mostran os ingresos obtidos, que segundo as ofertas económicas presentadas, foron de 8.377,61 euros: un 16,76% do orzamentado”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies