займ срочно

Ames e Val do Dubra reclaman melloras na estrada Roxos – Portomouro

0

Bisbarra, 18 xaneiro do 2018 – Os alcaldes de Ames, José Miñones, e de Val do Dubra, Antonio Negreira, mantiveron unha xuntanza a semana pasada na que abordaron, entre outros temas, a mellora da estrada AC-453 Roxos – Portomouro.

No encontro  falouse ademais da posibilidade de realizar unha ruta de sendeirismo conxunta que discorra ao carón do río Tambre e que poida chegar ata Tapia;  a ampliación das liñas do transporte metropolitano; e a posibilidade de que o alumnado amesá poida empregar as instalacións do CEIP Plurilingüe Xacinto Amigo Lera, situado en Portomouro.

Os rexedores municipais de Ames e de Val do Dubra falaron do estado da estrada Roxos – Portomouro e do perigo que implica circular por varios tramos da mesma xa que hai zonas moi estreitas con pouca seguridade. Acordaron facer varias actuacións conxuntas como son manter xuntanza co alcalde de A Baña; trasladar un comunicado e manter unha xuntanza coas Asociacións de Transportistas; e facer un estudo do número de vehículos diarios que usan esa estrada

Asemade, tanto José Miñones como Antonio Negreira incidiron na necesidade de recuperar o proxecto que existía para a mellora da seguridade e maila ampliación de varios tramos da AC-453. Outra alternativa que ambos alcaldes plantexan é que, se non se recupera deito proxecto, a Consellería de Infraestruturas elabore un novo.

Outro dos temas tratados foi a posibilidade de ampliar as liñas de transporte metropolitano que discorren por Ames e Val do Dubra. A idea é que unha das liñas do transporte metropolitano, que fai a liña ata Piñeiro poida ampliar o percorrido e baixar ata Portomouro, xa que a comunicación dos autobuses de Val do Dubra con Santiago é moi escasa. Deste xeito, aproveitarase unha liña xa existente para ampliar o servizo á veciñanza do concello de Val do Dubra.

CEIP Plurilingüe Xacinto Amigo Lera

O alcalde de Val do Dubra tamén falou da actual situación do CEIP Plurilingüe Xacinto Amigo Lera, de Portomouro, o cal está infrautilizado xa que a súa capacidade é para uns 400 alumnos/as e actualmente ten menos de 100 nenos e nenas. Debido a iso, ofreceu a posibilidade de falar coa Consellería de Educación para que o alumnado de Ames poida usar as instalacións deste colexio. Por último, abordaron a posibilidade de habilitar unha ruta de sendeirismo conxunta que discorra ao carón do río Tambre e que poida chegar ata Tapia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies