займ срочно

O concello de Ames condenado por vulneración de dereitos fundamentais

0

Ames, 23 de agosto do 2017 – Pacto x Ames desvela a condena do concello por vulneración de dereitos fundamentais e liberdade sindical.

Pacto x Ames explica que tiveron coñecemento dunha sentenza que “condena ao goberno de Ames por vulneración dos dereitos fundamentais e a igualdade e non discriminación, e liberdade sindical. Unha cuestión moi seria que deixa en evidencia as políticas dun tripartito sen proxecto”.

Según Pacto a sentencia, en virtude de esa vulneración de dereitos fundamentais,  declara nula a modificación das condicións de traballo interpostas polo Alcalde a un traballador e non admite a reorganización das tarefas realizadas. Condena ao goberno a reposición do traballador ás condicións anteriores impoñendo unha indemnización de 500€  polo dano moral causado.

Pacto x Ames fala de “nefasta política de persoal, responsabilidade directa do alcalde socialista de Ames” e engade as queixas outra demanda presentada no Xulgado do Social no pasado mes de maio como consecuencia da aprobación da RPT por parte do cuatripartito (PSOE-PODEMOS-BNG-AMES NOVO) fai pouco máis de 7 meses. Nesta nova demanda presentada reclámanlle ao concello outros 20.000€, que sumados aos 50.500€ das catro anteriores demandas, sumarían un total de 70.500€ no caso de que prosperaran.

Ramón García, portavoz de Pacto x Ames, lembra que “no pleno da aprobación da RPT (Relación de Postos de Traballo) xa advertira destas cuestións e de que provocaría unha cascada de demandas e conflitos xurídicos que poden ter consecuencias onerosas para o concello”.  Para Pacto estas consecuencias xa se están producindo porque ademais dos máis de 70.500€ que se están reclamando, esta situación significa tamén una elevada carga para o concello polos gastos xurídicos que está provocando e o tempo que ocupa aos traballadores do concello.

Pacto x Ames lembra unha vez mais que a aprobación da RPT excluíra ao 30% dos traballadores do concello xa que o CSIF votara en contra desta norma e CC.OO. abstivérase.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies