Reclaman a ampliación do horario da oficina de Correos de A Baña

0

A Baña, 16 de marzo do 2018 – O Psoe de A Baña ven de presentar unha moción na que recolle a reclamación da veciñanza de ampliación de horarios na oficina postal de Correos.

oficina de correos de a banhaSegún explican os socialistas no Concello da Baña hai unha oficina de Correos para servizo dos veciños no que o horario de atención aos usuarios é tan só dunha hora o día, de luns a venres e de 9 a 10. este horario nun concello no que a maioría dos veciños dedícanse a agricultura e gandería fai que moitos non estean nas súas casas a hora en que pasa o carteiro, polo que a entrega de documentos certificados teñen que ser recollidos na correspondente oficina, algo imposible con ese horario.

Pola mesma razón outro tipo de xestións como xiros, certificacións ou paquetería é algo impensable polo que moitos veciños optan en moitos casos por desprazarse os concellos limítrofes. Para os socialistas isto fai que ” os nosos veciños descapitalicen A Baña en favor de Negreira ou Santa Comba”.

Por todo isto o Psoe solicitará ao pleno municipal o apoio para reclamar ao servizo Postal de Correos a ampliación dos horarios da oficina situada na Baña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial