A Europarlamentaria do BNG Ana Miranda visitou os terreos da mina de Touro

0

Touro, 28 de novembro do 2017 – Ana Miranda, representante do BNG en Bruxelas realizou na tarde de onte unha visita a zona onde se prevé abrir a mina de cobre de Touro – O Pino  

Ana Miranda chegou as 16 horas a aldea de Arinteiro (Loxo, concello de Touro) na denominada zona cero. Esta será unha das aldeas máis afectadas polo proxecto presentado pola multinacional Atalaya Mining e por Explotaciones Gallegas, xa que quedará encaixada entre dúas enormes balsas de residuos mineiros con un alto potencial contaminante e con un risco de rotura moi elevado, según recoñece o propio proxecto.

Na visita, acompañada do portavoz do BNG en Touro, Xan Louzao, a portavoz do BNG no parlamento europeo entrevistouse cos veciños da polataforma mina Touro O Pino Non, visitou algunhas das zonas que quedarían destruídas pola mina e levará a Bruxelas as propostas que os veciños lle fixeron, basicamente o rexeitamento a este megaproxecto.

O proxecto da mina de cobre de Touro – O Pino está levantando unha forte oposición entre a veciñanza dos dous concellos que presentaron máis de 1500 alegacións. Non son os únicos xa que noutros concellos ribeireños do Ulla, existe a mesma oposición pola forte afectación que pode supoñer no segundo río de Galicia, verdadeira arteria vital de toda a comarca e da ría de Arousa.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies