Anatomía dunha serea no Teatro Principal de Santiago

0

Compostela, 9 de maio do 2019 –  O Teatro Principal de Santiago acolle hoxe e mañá dúas novas funcións de Anatomía dunha Serea, un espectáculo baseado nunha historia de vida de Iria Pinheiro e que aborda o tema da violencia obstétrica, e desenvolvido na Berberecheira, o laboratorio de creación escénica de Chévere,.

Protagonizado pola propia Iria Pinheiro, producida por Chévere e dirixida por Xron, Anatomía dunha serea toma como referencia o nacemento do fillo da propia actriz no 2016, que acabou converténdose nunha experiencia traumática.

A obra nace da necesidade de contar unha historia íntima, de transformar un acontecemento único e ao mesmo tempo común a moitas mulleres nun acto escénico compartido. Un relato aparentemente unipersoal e illado que de pronto ten eco noutras persoas en todo o mundo e se converte nunha historia global contada nunha voz soa.

Trátase dun proxecto de teatro documental e autobiográfico que fala das condicións nas que se dá a vida na sociedade actual, de como concibimos a maternidade nun mundo dominado pola lóxica do beneficio económico, de como asumimos a violencia contra as mulleres dentro dun hospital ou dunha sala de partos. Fala de violencia de xénero en lugares insospeitados. Da falta de respecto pola intimidade nas contornas sanitarias e de certos tabús que persisten na sociedade hoxe e aquí.

Equipa técnica e artística

Actriz protagonista: Iria Pinheiro. Escrita: María Lado, Iria Pinheiro. Dramaturxia, dirección: Xron. Escenografía, atrezzo e iluminación: Suso Jalda. Vestiario: Iria Pinheiro e Carmiña de Saladina. Espazo sonoro: Iria Pinheiro e Juanma Ons. Guía didáctica: Iria Pinheiro. Fotografía: Paula Pez. Vídeo: Adarme visual. Comunicación: Xana García. Xefa de produción e asistencia de dirección: Patricia de Lorenzo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial