Andaina en Ames pola ruta de Riamontes o próximo domingo

0

Ames, 10 de maio do 2017 –  A Concellaría de Medio Ambiente de Ames organizou para este domingo, 14 de maio, unha andaina pola ruta de Riamontes.

Percorreranse sete quilómetros andando polos arredores do regato e dos muíños que hai na súa contorna. Na metade da andaina os camiñantes chegarán ao Alto de San de Marcos onde se fará un breve descanso e poderase gozar dunha panorámica do Val da Maía. Trátase dunha andaina aberta a todos os públicos que é circular, polo que arranca e remata no lugar do Vilar, pertencente á parroquia de Ames. Un autobús achegará aos participantes a punto de partida. As persoas que queiran solicitar máis información ou inscribirse nesta actividade poden chamar ao número 660 004 665 ou enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal

A ruta de Riamontes alberga unha extraordinaria riqueza ambiental e cultural. A enorme variedade de especies vexetais e animais que atopamos nas pequenas fragas do regato de Riamontes fálanos dun espazo equilibrado e diverso onde os saltos e as pequenas fervenzas salpican a contorna con pingas de auga cristalina.

Un autobús achegará aos participantes a punto de partida. Dito autobús pasará ás 09:45h pola Casa da Cultura do Milladoiro e ás 10:00h pola praza do Concello, de Bertamiráns. A andaina comezará arredor das 10:30 horas. Antes de comezar a camiñar a técnico da Aula da Natureza ofrecerá unha breve charla sobre a flora e fauna que se pode ver nesta ruta. Unha vez finalizada a ruta o autobús levará de volta aos participantes ata Bertamiráns e O Milladoiro. A hora de regreso está prevista para as 14:00 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial