займ срочно

A Andaina das Letras irá este domingo desde Boqueixón a Ponte Ledesma

0

Boqueixón, 11 de maio do 2018 – O Concello de Boqueixón acollerá este domingo 13 de maio a Andaina das Letras, unha actividade promovida pola Deputación da Coruña que xunta deporte e literatura.

A Andaina das Letras está dirixida a nenos e nenas e ás súas familias e é de carácter gratuíto. O percorrido dará comezo ás 18.00 horas na área recreativa de Sucira. Neste punto dará comezo o safari literario na Ruta dos Pescadores, cunha extensión de 4 quilómetros. Ao remate da andaina, en Ponte Ledesma ofrecerase un gran xogo en familia baixo o título Contos vivos que fan poesía.

Área recreativa de Sucira

Esta actividade inclúese dentro da programación que o Concello de Boqueixón porá en marcha co gaio da celebración do Día das Letras Galegas. Para máis información, deberase contactar co Departamento de Cultura a través do teléfono 981 513 115 ou no e-mail cultura@boqueixon.com.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies