Andaina pola saúde mental organiza un ciclo de charlas sobre esta problemática

0

Bisbarra, 6 de novembro do 2018 – A asociación Andaina Pola Saúde Mental inicia en Ordes un ciclo de charlas gratuítas sobre a problemática que da nome ao colectivo e que se desenvolverá ao longo de novembro.

A primeira das charlas terá lugar este xoves ás 17 horas. Será na sede que Andaina Pola Saúde Mental ten na rúa Emilia Pardo Bazán, nº 14, no barrio do Paraíso de Ordes.

A seguinte cita terá lugar en Tordoia o día 13 ás 11 horas na Casa da Cultura, mentres que en Mesía será o martes 20 ás 16.30 horas tamén na Casa da Cultura. Posteriormente chegarán a Frades, Cerceda, Trazo e Oroso.

Full Monty en Padrón

Por outra banda, este próximo venres, 9 de novembro, o grupo de teatro de Andaina representará a obra Full Monty, baseada na famosa película ambientada na crise económica vivida ao longo dos anos 80 e 90 nun barrio obreiro escocés. Será no Centro Social de Padrón ás 19.30 horas.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial