Andaina Pro Saúde celebra o Día Mundial da Saúde Mental

0

Ordes, 3 de outubro do 2017 – Con motivo do Día Mundial da Saúde Mental a asociación Andaina Pro Saúde Mental organiza ata o próximo dia 18 actividades para visibilizar esta problemática.

Andaina Pro Saúde Mental únese con estas actividades a acción de sensibilización O que teño mente organizada por FEAFES Galicia.

Fai 25 anos que o 10 de outubro se conmemora en todo o mundo o Día Mundial da Saúde Mental, co apoio da Organización Mundial da Saúde (OMS). A saúde mental no lugar de traballo foi o tema elixido a nivel mundial para esta conmemoración, considerando que se trata dun asunto de interese para os axentes sociais, as institucións e a sociedade en xeral.

Ata o 18 de outubro, numerosas asociacións de familiares e persoas con problemas de saúde mental de Galicia sairán á rúa para chamar a atención sobre esta realidade e trasladar aos poderes políticos, axentes sociais, medios de comunicación, empresas, profesionais de diversos ámbitos e á cidadanía en xeral, as reivindicacións e necesidades do colectivo.

Andaina Pro Saúde Mental leva sete anos traballando na mellora da vida dos seus asociados. dentro de estas accións mañá día 4 instalará unha mesa informativa na Alameda de Ordes  desde as 11.00 ata as 13.00 horas. Pasado mañá,  5 de outubro, a mesa informativa trasládase as instalacións do concello de Dodro no mesmo horario.

O 10 de outubro rematarán estas accións cunha actuación de teatro no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa de Sigüeiro, en Oroso as oito da tarde.

Estas actividades presenciais completaranse cunha serie de accións na rede, como un mural dixital no que calquera persoa usuaria de Internet poderá facer as súas achegas sobre a saúde mental no lugar de traballo. Pola súa parte, a difusión en redes sociais farase a través do hagstag #oqueteñonamente, animando aos internautas a escribir as súas reflexións nun postit e facerse unha fotografía con el pegado na fronte.

Saúde mental e traballo

As persoas con problemas de saúde mental atópanse con grandes obstáculos á hora de integrarse no mundo laboral, debido, en gran parte, aos falsos mitos e ao descoñecemento que hai cara esta realidade. Existen vías para que calquera persoa, independentemente das súas circunstancias vitais, como pode ser un problema de saúde mental, exercite o seu dereito a acceder e manter un emprego; sendo fundamental ademais que as persoas con problemas de saúde mental formen parte activa da sociedade, sexan consideradas cidadás con dereitos e obrigacións e desenvolvan un sentimento de utilidade.

Dende as asociacións de familiares e persoas con problemas de saúde mental de Galicia, queremos promover o dereito de calquera persoa a acceder e manter un emprego, así como tomar conciencia sobre a necesidade de que os lugares de traballo sexan contornas saudables onde se coide a saúde mental.

Algúns datos

Estímase que o 25% das persoas terá un problema de saúde mental ao longo dá súa vida. Ademais, en Europa, os trastornos mentais son o segundo problema de saúde máis común no traballo. Os niveis de absentismo laboral, desemprego e solicitudes de incapacidade por problemas de saúde mental non deixaron de aumentar nos últimos anos: o 10% dos problemas crónicos de saúde e de incapacidade son trastornos mentais e emocionais. Por facernos unha idea da prevalencia desta realidade, a OMS estima que no 2020, a depresión será a segunda causa máis importante de incapacidade no mundo (European Network for Workplace Health Promotion- ENWHP).

En canto á inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental, estímase que só un 15,9% delas traballa, a pesar de ser o segundo grupo máis numeroso de persoas con discapacidade en idade laboral (“El empleo de las personas con discapacidad”. Instituto Nacional de Estadística. 2015). As asociacións de familiares e persoas con problemas de saúde mental de Galicia denunciamos amplamente esta situación e reivindicamos o dereito destas persoas a ter un traballo digno e saudable, destacando o seu potencial e capacidades para poder desempeñar un posto de traballo de forma responsable e axeitada.

Andaina Pro Saúde Mental é unha asociación sen ánimo de lucro que nace no 2010 ante a necesidade de cubrir un baleiro existente que atenda dun xeito global ás persoas que padecen trastorno mental nas comarcas da Área Sanitaria de Compostela, centrándonos sobre todo no ámbito rural.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies